O stand de Galicia en Fitur inaugurou as presentacións das diferentes entidades turÃsticas galegas na xornada de apertura da 33 edición da Feira de Turismo de Madrid.
A artesanÃa galega, o turismo industrial, as novas rutas e paquetes turÃsticos, os eventos deportivos e a enogastronomÃa foron as temáticas abordadas polos responsables das diferentes administracións e entidades turÃsticas galegas que se desprazaron esta semana a Madrid para presentar a súa oferta aos axentes, operadores turÃsticos e prensa especializada que estes dÃas se concentra no Recinto Feiral Juan Carlos I da capital española.
A secretaria xeral para o Turismo estivo presente nas accións promocionais de Ponteareas; Ferrol e PantÃn Classic, asà como na presentación do proxecto da Mancomunidade da Mariña Lucense e da Fundación Centro Galego de ArtesanÃa e Deseño.
Na presentación do Corpus de Ponteareas, que estivo apoiada por unha desgustación de produtos tÃpicos da vila no bar do Centro Superior de HostelerÃa de Galicia, Nava Castro quixo resaltar que “o Corpus é unha das cinco Festas de Interese TurÃstico Internacional de Galicia e que obtivo a declaración de Interese TurÃstico en 2009 e unha das manifestacións culturais máis importantes da nosa comunidade que é mostra da nosa tradición máis arraigada”.
Ao falar das novidades turÃsticas de Ferrol, Nava Castro explicou que “se Ferrolterra destaca no eido turÃstico é fundamentalmente polo seu traballo de posta en valor dos seus recursos únicos e que converten a este xeodestino nun auténtico reclamo á vangarda das novas tendencias turÃsticas”. A secretaria xeral incidiu tamén no potencial enogastronómico deste territorio e nas atractivas citas festivas que teñen lugar nel. Asà como na aposta de Turismo de Ferrol polo desenvolvemento do Turismo Industrial, “o turismo da industria viva que permite coñecer o saber facer dos galegos”. Castro recalcou, asà mesmo, o potencial desestacionalizador do turismo industrial e o seu efecto dinamizador sobre a economÃa, o que supón unha gran oportunidade de desenvolvemento turÃstico. “O gran potencial do turismo industrial é implicar ás empresas da zona na que se desenvolve a actividade turÃstica e facelas formar parte dun proxecto común e beneficioso para todos”, engadiu.
Nava Castro aludiu tamén na súa intervención aos novos modos de comunicar en turismo e gabou a tarefa fos bloggers de viaxes, que teñen conseguido fidelizar audiencia, crear unha base profesional e evolucionar co sector.
PantÃn Classic 2013
Nava Castro presenciou tamén a presentación da nova edición do PantÃn Classic, o torneo de surf que constitúe, segundo dixo, un atractivo máis de Ferrolterra, un xeodestino que aglutina unha das áreas con maior densidade de castelos medievais; cos cantÃs máis importantes da comunidade e un dos Lugares de Interese Comunitario máis valiosos de Galicia, A Costa Ãrtabra.
As praias de Ferrolterra poden ser utilizadas con diferentes orientacións de vento e as súas ondas poden surfearse desde diferentes puntos de marea, practicamente poden utilizarse o dÃa enteiro para a competición.
O stand galego acolleu tamén a presentación do novo destino de Turkish Airlines a Galicia á que asistiu a xerente de Turgalicia, Carmen Pita quen resaltou a potencialidade desta conexión “para incrementar a conectividade aérea de Galicia cos paÃses de Oriente Próximo e Asia”. “Dende o aeroporto de Santiago a través do hub de Estambul ábrense múltiples conexións para o viaxeiro pero o realmente importante para Galicia é a capacidade de achegar á nosa comunidade a unha gran cantidad de turistas procedentes dos mercados asiáticos e aos paÃses emerxentes de Oriente Próximo, asà como a Rusia ou China”, engadiu.
No stand de Galicia celebraronse tamén hoxe as presentacións da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño e mais da Asociación de Empresarios de HostelerÃa de Lugo, ás que asistiron o conselleiro de EconomÃa e Industria, e mais a delegada da Xunta de Galicia en Lugo e mais respectivamente.
José Ramón Lete Lasa salienta que o Plan Director do Surf que prepara a Xunta beberá da experiencia deste certame, que pasa das 5 xornadas habituais a 18 coa inclusión dunha proba ‘Projunior’ e co Campionato de España deste deporte
O secretario xeral para o Deporte participa na presentación en Fitur do ‘SuperclassicÂ’ de PantÃn 2013, evento que é a mostra de que “Galicia pode ser o mellor dos escenarios deportivos”
Asegura “a multiplicidade de escenarios que Galicia ofrece a moi distintas e variadas modalidades deportivas, comeza a despregar o seu potencial como reclamo turÃstico”.
A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, destaca as iniciativas postas en marcha pola Xunta para por en valor deporte como oferta complementaria do aloxamento turÃstico e do destino en si mesmo
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na Feira Internacional de Turismo (Fitur) da presentación do ‘SuperclassicÂ’ que se celebrará en PantÃn (Valdoviño) en 2013 evento que, segundo apuntou, é boa mostra de que “Galicia pode ser o mellor dos escenarios deportivos”. No acto, no que tamén participou a secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, Lete remarcou que “a multiplicidade de escenarios que Galicia ofrece a moi distintas e variadas modalidades deportivas, comeza a despregar o seu potencial como reclamo turÃstico”.
O deporte, segundo sinalou, vaise sumando asà á lista de “consolidados reclamos” turÃsticos de Gailcia, na que figuran xa o patrimonio natural e marÃtimo, o Camiño de Santiago e a gastronomÃa, ou as innumerables xoias románicas. “O certo é –afirmou Lete Lasa- que Galicia conta con tantos segredos, segredos a voces, como os que esteamos dispostos a descubrir, e o noso potencial deportivo, sen ningún xénero de dúbidas, se atopa entre eles”.
Na súa intervención desde o stand de Galicia en Fitur, o secretario xeral para o Deporte avanzou que o tradicional Pantin Classic incorpora este ano un conxunto de actividades paralelas coas que o certame pasará das 5 xornadas habituais a 18 dÃas. Nese tempo, xunto coas probas masculina e feminina das series mundiais de surf, disputarase un Projunior, proba masculina e feminina do circuito europeo para promesas deste deporte, e o Campiontao de España, no que, dixo Lete, “os mellores surfistas do noso paÃs compartirán praia cos mellores surfistas do mundo”.
O responsable de Deportes do Goberno galego asegurou que o próximo Plan Director do Surf de Galicia que está a elaborar a Xunta “beberá desta experiencia e, sen lugar a dúbidas, contemplará as súas incontestables sinerxÃas co turismo”.
A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, destacou na súa intervención que o obxectivo de Turismo de Galicia como entidade promocional e, en relación co deporte, pasa por potenciar as diferentes disciplinas deportivas e as actividades de competición ou eventos relacionados co deporte que, como oferta complementaria ou motivo principal da visita, reforzan aqueles destinos turÃsticos consolidados.
Nava Castro incidiu tamén en que aproveitando as singularidades morfolóxicas que ten Galicia, asà como os recursos naturais e o patrimonio vivo, a Administración TurÃstica galega ten desenvolvido iniciativas que contribúen a pór en valor o deporte como oferta complementaria do aloxamento turÃstico e do destino en si mesmo. Segundo dixo, " o obxectivo final é, xa que logo, conseguir o crecemento do sector turÃstico como dinamizador da economÃa galega, sempre con respecto á sustentabilidade e á preservación ambiental".