
A Secretaría Xeral para o Turismo colabora coa corenta e cinco edición da Feira do Cocido de Lalín cuxo día grande se celebra o domingo día 3 de febreiro. A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, afirmou na súa presentación que a Feira do Cocido supuxo un gran salto cara a internacionalización dun xeodestino cheo de potentes reclamos turísticos como é Deza-Tabeirós. Turismo de Galicia colabora nesta XLV edición da cita gastronómica que está previsto que conte coa asistencia dunhas vinte mil persoas e que conta dende o pasado Ano Santo 2010 coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.
Turismo de Galicia colabora así mesmo coa celebración da Gala da Gastronomía e coa XIX edición dos Premios Álvaro Cunqueiro que forman parte dos eventos culturais organizados con motivo da feira. Os premios de Gastronomía de Galicia outórganse aos profesionais que se distinguen pola potenciación da cociña galega, tanto en Galicia como fóra da comunidade; tamén se premia á empresa que máis teña contribuído á promoción dos produtos gastronómicos galegos; así como á entidade que máis traballou a prol de difundir os valores da gastronomía de Galicia e un premio que recoñece a labor de toda unha vida dedicada á cociña galega.
Ademais destes galardóns, con motivo desta cita gastronómica anual, a localidade pontevedresa acolle outras citas no eido gastronómico como a III Edición de Bocadiños do Cocido na que colaboran unha vintena de establecementos de restauración da zona; unha cata comentada; un cocido no exterior e unhas xornadas gastronómicas do Cocido en Madrid, que se celebrarán entre os días 1 e 28 de febreiro.
Entre os eventos de carácter etnográfico figuran a Matanza Tradicional do Porco e o desfile de carrozas e comparsas. Como cada ano, outros eventos de carácter cultural e deportivo completan o cartel da Feira do Cocido. Haberá os premios de Gastronomía, a Gala da Gastronomía, a III Edición de Emporcarte; o Pregón e a Encomenda do Cocido e mais o Cocido das Artes. No eido deportivo, a carreira popular, o rallie e o torneo de pádel complementan a visita a Lalín.
A secretaria xeral para o Turismo destacou que esta cita cada ano supera as súas previsións e acolle a máis visitantes desexosos de probar este prato tan emblemático da cociña galega. E dixo que dende o quilómetro cero de Galicia, Lalín exporta ao mundo a súa mestura de tradición e modernidade. Nava Castro resaltou que Galicia é unha potencia no que a enogastronomía se refire e cómpre resaltar que tanto os galegos como os visitantes á nosa comunidade teñen a oportunidade de participar nas máis de 300 festas gastronómicas que se celebran ao longo do ano na nosa terra.
Segundo explicou a secretaria xeral, a Festa do Cocido supuxo dende a súa celebración a internacionalización dun xeodestino cheo de potentes reclamos turísticos. Nas terras de Deza-Tabeirós pódense visitar sete monumentos que contan coa declaración de Ben de Interese Cultural ademais de incribles espazos naturais como a Fervenza da Toxa ou os agradables sendeiros que atravesan o xeodestino e que conforman o Camiño do Sudeste a Santiago, dixo.
Todos estes recursos acompañan a esta cita gastronómica e convértense na oferta cultural e natural complementaria dun xeodestino que situou a cociña galega en lugares como Bos Aires, Nuremberg, o Vaticano, Andorra, Caracas ou varias vilas portuguesas, engadiu. Do mesmo xeito, Nava Castro aproveitou a ocasión para felicitar ao Concello de Lalín pola Antena de Ouro, conquerida en 2012 polo seu traballo na difusión mediática da gastronomía do interior de Galicia. O esforzo e traballo de todos estes anos na popularización desta cita gastronómica será merecedor seguro de moitos recoñecementos máis, resaltou.
Accesibilidade
Durante o Mes do Cocido, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro, un total de 23 restaurantes ofertarán 3.500 prazas diarias para degustar cocido cun prezo medio de 26 euros. Agárdase que unhas 20 mil persoas acudan este ano á cita lalinense. Máis de medio centenar de persoas con diversidade funcional poderán disfrutar da Feira do Cocido grazas a unha acción conxunta na que traballaron o departamento de Servizos Sociais e COGAMI para facer esta cita accesible a todo tipo de público.
A pregoeira do Cocido será a xornalista Susana Griso e na Gala da Gastronomía actuarán Estopa; Estrella Morente, Rosa, Natalia, Efecto Pasillo, Melocos e Kiko Gabiño.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.