Notas de prensa

O Concello de Ourense estará presente en Fitur para promocionar a riqueza termal e atraer inversores

Do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro celebraranse actos e reunións aos que están convocados representantes de empresas hoteleiras, balnearias e de inversión.

Seguindo a estrutura do foro termal celebrado no Liceo de Ourense os días 17 e 18 de xaneiro, o Concello de Ourense organizará, co mesmo obxectivo de posibilitar a concreción de investimento privado que contribúa a crear riqueza e posibilite a xeración de emprego na cidade, encontros e reunións este xoves e venres, en Madrid. No marco da Feira Internacional de Turismo FITUR, o alcalde, Agustín Fernández, e os concelleiros de Termalismo e Promoción Económica, José Ángel Vázquez Barquero, Urbanismo, Áurea Soto, e Turismo, Mónica Vázquez, estarán presentes nos actos e reunións programadas.

Os participantes coñecerán a riqueza e potencialidades dos recursos termais, naturais e patrimoniais da cidade de Ourense, as propostas contempladas no novo planeamento urbano para a implementación de proxectos privados de inversión no ámbito termal ou os proxectos que poidan contribuír a aumentar o atractivo da cidade desde un punto de vista inversor, como a chegada da Alta Velocidade e a proposta de construción da nova estación do AVE.

Con respecto ás actividades a desenvolver, o seguinte é o programa previsto:

Xoves, 31 de xaneiro:

17 h. - 17:30 h. (stand de Turgalicia en FITUR): acto organizado conxuntamente por Expourense e o Concello de Ourense, que consta de: presentación do Foro de Inversores, proxección do vídeo “Ourense capital termal”, e presentación da Feira Internacional de Turismo Termal TERMATALIA. Asisten o alcalde e un representante de Expourense.

17:30 h. - 19 h. (stand de Turgalicia en FITUR): reunións personalizadas ou en pequenos grupos, con inversores especializados na actividade termal. Asisten a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, concelleira de Turismo, Mónica Vázquez e concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero.

20:30 h. - 22:30 h. (Hotel Preciados): Encontro con inversores e prescriptores do sector hoteleiro e termal, coa seguinte previsión:

20:30 h. Benvida e presentación do alcalde.
20:35 h. Proxección do vídeo “Ourense Capital Termal”.
20:45 h. Intervención do concelleiro de Terrmalismo sobre “o modelo termal da cidade de Ourense”.
21 h. Intervención da concelleira de Urbanismo sobre “planeamento urbanístico, instalacións termais e AVE”.
21:30 h. Debate

Venres, 1 de febreiro:

12 h. - 13:30 h. (stand de Turgalicia en FITUR): Reunións personalizadas ou en pequenos grupos, con inversores especializados na actividade termal. Asisten a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, concelleira de Turismo, Mónica Vázquez e concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero.

Os dous foros, tanto o de Ourense coma o de Madrid, forman parte dunha das accións resultantes do convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e o Concello de Ourense para o desenvolvemento de inversións vinculadas ao Plan Estratéxico Termal.

Presentación de Xantar e promoción da cidade

Así mesmo, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, ten previsto asistir á presentación de Xantar, o 14º salón galego de Gastronomía e Turismo, tamén no marco da Feira Internacional de Turismo, o xoves ás 13:15 h, no propio stand de Turgalicia. Neste espazo, e nos catro días de permanencia da Feira, entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro, o Concello de Ourense promocionará a súa riqueza termal, coa difusión de papelería, dípticos e información de interese turístico da cidade, así como a exhibición de campañas de comunicación vixentes, como “O verán continúa en Ourense”.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2013-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES