O xurado do
certame de Xornalismo, convocado polo Centro Cultural José Domínguez
Guizán de Begonte, co patrocinio da Xunta de Galicia, formado por: XESÚS MATO MATO, BLANCA PACÍN SOMOZA, JOSÉ RODRÍGUEZ GOMEZ e XULIO GIZ RAMIL, e acorda emitir o seguinte fallo:
Conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600 e estatuíña de
Sargadelos, a RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, polo artigo titulado NADAL MIUDO, publicado en www.galiciahoxe.com.
Outorgar o Segundo Premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos, a
KENIA VALLE, polo artigo UN BELÉN NOS AVÓS, publicado en
www.galiciadigital.com.
Pola calidade do traballo, concédese Mención de Honra, dotada con
estatuíña de Sargadelos a RAMÓN EIJO BALSEIRO, polo artigo A CASA
BALEIRA, publicado en www.galiciadigital.com.
Os premios serán entregados o próximo 26 de xaneiro, no decurso dos actos
de clausura do Belén Electrónico de Begonte.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.