A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o coloquio entre a directora xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Susana de la Sierra, e profesionais do sector audiovisual de Galicia, nunha sesión organizada polo Clúster Audiovisual Galego coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente do clúster foron os encargados de abrir a sesión, dirixida a todos os representantes de produtoras audiovisuais galegas. Neste momento de dificultades para todos afirmou Anxo Lorenzo, tamén para os profesionais dun sector estratéxico como o audiovisual, faise máis necesario que nunca dialogar, escoitar e ofrecer alternativas de novos modelos que se adapten mellor á situación actual.
Apoio ao sector audiovisual
O seu departamento e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) apoiaron a realización do encontro, que tamén contou coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do propio ICAA. Respecto da Agadic, o secretario xeral recordou que a axencia está a planificar as próximas convocatorias de subvencións previstas para 2013 e dirixidas aos diferentes sectores culturais.
As diferentes liñas de axudas do Goberno central dirixidas á industria do cine centraron a intervención de Susana de la Sierra, que foi seguida dun coloquio cos profesionais asistentes sobre esta e outras cuestións de interese para o sector audiovisual galego.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.