A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de xaneiro, a convocatoria de 15 prazas para o primeiro proxecto de Formación Dual que se vai poñer en marcha en Galicia, en colaboración coa empresa Coremain. Así, ábrese o prazo de inscrición en 15 prazas novas para o ciclo de grao superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos; cun plan de estudos de 2 anos e medio, no que as alumnas e alumnos compaxinarán a súa formación no CIFP Politécnico de Santiago coa formación na empresa e cun contrato de traballo remunerado.
A convocatoria que se pode consultar no enlace www.edu.xunta.es/fp/fpdual-corermain vai dirixida a persoas que cumpran os requisitos de acceso aos ciclos formativos, que teñan entre dezaseis e trinta anos e que non teñan realizado con anterioridade un contrato de formación e a aprendizaxe. Con carácter xeral, os candidatos non poden estar nin ter estado matriculados en ningunha ensinanzas no presente curso académico, aínda que, de xeito excepcional, a Consellería poderá autorizar a matrícula no proxecto ás persoas aspirantes matriculadas en ciclos formativos polo réxime de persoas adultas.
Os interesados en participar nesta iniciativa poderán presentar as súas solicitudes entre o día 21 e o 25 de xaneiro, as 13 horas, na secretaría do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. O centro fará público a relación definitiva de persoas candidatas que cumpra nos requisitos de acceso aos ciclos formativos. De entre elas, a empresa Coremain será a encargada de realizar a selección dos 15 estudantes que participen no proxecto que comezará a mediados do vindeiro mes de xaneiro.
Formación e traballo
O carácter diferencial da FP Dual consiste na combinación da formación curricular co traballo remunerado nunha empresa neste caso Coremain-, na que ademais as alumnas e alumnos recibirán formación complementaria á establecida no currículo formativo correspondente, co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empregabilidade. Deste xeito, dos 2 anos e medio de duración do proxecto, o 21,7% desenvolverase no centro educativo correspondente, mentres que o restante se levará a cabo nas instalacións de Coremain.
O proxecto terá unha duración total de 4.828 horas, das que 1.899 serán de formación e 2.929 horas serán de traballo efectivo. Ao longo dos dous anos e medio que dura o proxecto, o peso da parte correspondente ao traballo irá aumentando: do 45% do primeiro ano ao 72% do último curso.
No tempo de traballo efectivo na empresa o estudante terá un contrato de traballo para a formación e a aprendizaxe, de acordo co recollido no título II do RD 1529/2012, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da FP dual. Trátase dun contrato remunerado, polo que o traballador se acollerá ademais ao convenio colectivo da compañía e ás normas da mesmas en materia e normativa laboral. De feito, a retribución fixarase consonte ao estipulado no convenio colectivo, en proporción ao tempo de traballo efectivo que realicen.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.