
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recorda a figura de Camilo José Cela no XI aniversario do seu pasamento. Con tal motivo na xornada do mércores 16 de xaneiro están previstos unha serie de actos conmemorativos que se celebrarán a través da fundación pública que leva o nome do premio nobel padronés.
Deste xeito celebrarase unha misa, ás 19,00 horas, na Ex Colexiata de Santa María de Adina. A continuación, ás 20 horas, será clausurado o ciclo de cine CJC, un novelista en la pantalla, que se viña desenvolvendo dende o pasado mes de novembro, coa proxección no paraninfo da Fundación en Iria Flavia dunha das películas máis coñecidas sobre a súa obra, La colmena de Mario Camus. Durante este ciclo de cine proxectáronse 9 películas das 14 nas que colaborou Cela activamente e tivo unha grande acollida por parte da sociedade civil padronesa.
Concurso de microrrelatos
Posteriormente, o xoves 17 de xaneiro, convócase o II Concurso de microrrelatos que organiza a Fundación e que este ano estará dedicado a La familia de Pascual Duarte e que contará coma na súa primeira edición coas categorías infantil, xuvenil e adulto.
As bases da convocatoria podaranse consultar a partires do mesmo 17 na páxina web www.concursodemicrorrelatosfcjc.wordpress.com e o primeiro premio estará dotado cun e-book, un diploma acreditativo e coa edición dixital das obras gañadoras en cada categoría (incluirase nesta publicación tamén as obras recoñecidas co segundo e terceiro premio en cada categoría).
O nobel a través da gran pantalla
A exposición temporal CJC, un novelista en la pantalla organizada en colaboración co Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da USC permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 30 de abril de 2013.
Esta mostra que afonda na estreita vinculación do escritor padronés co sétimo arte cando se cumpren 30 anos da estrea da película La colmena en Madrid, abrangue a meirande parte das películas nas que colaborou Cela xa fora coma guionista, produtor ou mesmo actor, dende as súas primeiras intervencións aló por finais dos anos 40 e comezos dos 50, ata a adaptación máis recente dun texto seu O bonito crime do carabineiro (película co producida por Zenit TV e Televisión de Galicia, 2009) pasando polas grandes producións sobre as súas novelas La familia de Pascual Duarte e La colmena dirixidas por Ricardo Franco (1976) y Mario Camus (1982) respectivamente.
Ademais continúa o programa didáctico vinculado a esta exposición no que de xeito gratuíto ofértase á comunidade educativa visitas dinamizadas e talleres didácticos relacionados coa sétima arte, nos que se poderán realizar animacións mediante a técnica do stop-motion, teatro de sombras, etc., así coma coñecer os inicios do cine a través da película El maquinista de la General (1926).
Para concertar este tipos de visitas, os interesados poden enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou contactar coa Fundación no teléfono 981 81 24 25.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.