
A nova campaña de concienciación dos mozos sobre o consumo de alcohol realízase por primeira vez en Galicia a través do Tuenti, considerado o medio máis empregado por este sector da poboación. Cocos ao 100% é o nome desta campaña que ten como obxectivos primordiais falar directamente cos mozos galegos empregando os seus códigos, coñecer as súas inquedanzas de primeira man, escoitalos e responder as súas dúbidas, e explicarlles como é de prexudicial consumir alcohol nesta etapa da súa vida.
O director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey, presentou a iniciativa e destacou que nestes primeiros 15 días de campaña en Tuenti conseguíronse 2.353 fans, 566 fotos, 118 mensaxes no tablón, 5.352 usuarios que votan e 14.413 votos emitidos. En Galicia hai arredor de 187.000 usuarios desta rede social.
A campaña arrancou cun sorteo en Tuenti entre todos aqueles mozos que amosen como se divirten no seu tempo de lecer sen alcohol, sendo o premio para as mellores fotos un iPhone ou iPad mini, así como o sorteo de varias camisetas entre os participantes. A promoción actúa como gancho para unha comunidade de mozos cos que Sanidade quere interactuar e explicar, na súa propia linguaxe, cales son as vantaxes de ter o Coco ao 100%.
Para Varela Rey é fundamental que a Consellería de Sanidade continúe desenvolvendo programas de comunicación 2.0 para non ser espectador pasivo dos cambios que se producen na sociedade galega. Teremos máis oportunidades de falar coa mocidade galega se estamos tamén onde máis tempo pasan, salientou; e engadiu que a información sobre prevención de estilos de vida saudables é mais eficaz se se recibe a idades temperás.
Outra campaña 2.0: Xente con Vida
As iniciativas orientadas á innovación e promoción do acceso á banda larga dos galegos fixeron posible que un 51% dos fogares galegos teñen conexión a internet con banda larga incrementando nun 11% os datos do ano pasado. Outro importante indicador, segundo Manuel Varela é que o 53,3% dos internautas galegos participa en redes sociais. Con estes datos, a implementación de campañas 2.0 consolídase como unha importante canle de actuación.
Sanidade, ademáis de Cocos ao 100% con conta en Tuenti, xa iniciou outra campaña similar con páxina web, blog, Facebook e Twitter denominada Xente con Vida, iniciada en marzo.
Nestas 38 semanas de funcionamento, a web e o blog de Xente con Vida levan 169.621 páxinas vistas, 647 páxinas vistas por día, 41.758 visitas e 1.560 participacións en enquisas. En Facebook hai máis de 4.800 fans, 173 mensaxes publicadas, 16.656 accións dos usuarios e 10.235.834 impresións servidas. Con estes datos, Galicia consolídase como a comunidade autónoma con máis seguidores en Facebook dunha canle específica de Estilos de Vida Saudables.
Os contidos máis valorados polos usuarios de Xente con Vida son os menús diarios para toda a familia, os consellos nutricionais para previr enfermedades crónicas e as táboas de actividade física.
En definitiva, mediante estas iniciativas Sanidade aposta por crear unha comunidade activa e participativa que interactúa e autoxestiona a saúde.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.