Notas de prensa

Unha concentración obriga a suspender o claustro da USC

A reunión do Claustro da Universidade de Santiago suspendeuse ao pouco de comezar logo de que un grupo de estudantes e de persoal de administración e servizos irrompesen na sesión, en protesta polos recortes na educación pública, impedindo así o seu normal desenvolvemento.

A Mesa do Claustro acordou reunirse proximamente para fixar unha data para continuar a sesión. O estudantado mostraba o seu rexeitamento ás reformas educativas mentres que o PAS demandaba “ canles efectivas de negociación” coa Xerencia da Universidade para a aplicación do Real Decreto de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade e da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2012.

O reitor mostrou o seu agradecemento aos membros do Claustro que asistiron á reunión e que “ soportaron o atropello e insultos que, para a institución e para eles e elas como representantes nese órgano de goberno, supuxo un comportamento fóra de todas as normas de respecto ao sistema democrático practicado por un grupo de persoas que, en absoluto, representan o sentir da comunidade universitaria”.

O Claustro reuníase este mércores para debater as Liñas Xerais dos Orzamentos para 2013 e da Programación Plurianual para os vindeiros dous anos, ademais de coñecer o informe de seguimento da planificación estratéxica 2011-2020 correspondente ao presente ano e ratificar a proposta do Consello de Goberno de tres novos nomeamentos honoris causa da USC.

Nota de prensa dos Comités Abertos de Facultade:

Os Comités protestamos contra o goberno da USC e os seus recortes participando dun Claustro que, finalmente foi suspendido por vontade da comunidade universitaria. Erguéndonos do mesmo e uníndonos a esta por entender que este goberno se atopa absolutamente deslexitimado para exercer como tal na nosa Universidade a día de hoxe.

O Responsponsábel de Campus e claustral, Brais Pedreira, declarou que “era inevitábel que isto sucedera nunha Universidade que goberna a Xunta e cuxos organismos están absolutamente baleirados de autonomía” así mesmo, tamén indicou que “o goberno da USC é o brazo executor do señor Núñez Feijóo”.

Cando os Claustrais dos Comités se ergueron para acompañar ás eaos compañeiras e compañeiros que se atopaban protestando fóra do mesmo foilles impedida a saída. Ademais foilles impedida a entrada a numerosas/os claustrais que agardaban fóra. Finalmente puideron irrumpir no Claustro os/as compañeiros/as que estaban a berrar contra o desgoberno da Universidade. Tamén dende a nosa organización mostramos un grande descontento pola actitude represiva da USC que mesmo requeriu que os claustrais da nosa organización se tiveran que identificar reiteradas veces.

Neste claustro presentábansenos as liñas xerais de actuación totalmente irreais, e que, despezando un servizo público como é a universidade, a vendían ao mellor postor, chegando a plantexar un ERE encuberto dos PAS e a priorización da investigación privada. Os orzamentos facíanlle camiño á Xunta para recurtar, aínda máis, o investimento.

Finalmente, Brais Pedreira dixo que “esta non é unha acción casual, nós xa vimos advertindo do mal goberno da USC e reiteramos a nosa petición de dimisión da equipa reitoral e do señor Casares, pola súa nefasta actuación.”

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2012-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES