Notas de prensa

O Campus Vida da USC acada a máxima cualificación como Campus de Excelencia

O Comité Internacional encargado da avaliación do Programa de Campus de Excelencia Internacional ven de valorar coa máxima cualificación o Informe de Progreso do proxecto Campus Vida da Universidade de Santiago (USC), correspondente ao período comprendido entre xullo de 2011 e setembro de 2012.

O informe do comité valora positivamente o proceso de innovación docente na adaptación dos graos ao EEES, así como a mellora das infraestruturas, e confirma o potencial e competencia do Campus de Excelencia Internacional liderado pola USC no ámbito das Ciencias da Vida.

O informe de avaliación destaca tamén os avances realizados pola Escola Internacional de Doutoramento, cunha oferta para o período analizado de 20 programas de doutoramento, con un 20 por cento de estudantes estranxeiros, un 18 por cento de teses europeas e unha notable participación en programas internacionais de formación. Nas súas consideración xerais, o Comité avaliador remarcou ademais positivamente a internacionalización de Campus Vida visible en diferentes redes de investigación internacionais, na mobilidade de investigadores estranxeiros ou a na importante participación en proxectos de investigación internacionais no campo biomédico.

No apartado das fortalezas os expertos internacionais subliñan os avances cara a organización da investigación biomédica nun bioclúster que integra investigación, desenvolvemento e innovación, e destacan o avance na internacionalización da estratexia de transferencia de tecnoloxía e o desenvolvemento da valorización dos resultados de I + D. Polo que respecta ás debilidades, a avaliación realizada considera que a captación de investigadores é aínda algo débil, apuntando a necesidade de reforzar as estratexias de atracción de científicos de alto nivel e investigadores posdoutorais.

A modo de valoración final, o Comité encargado da avaliación considera que o proxecto de Campus Vida no ámbito biomédico “está evolucionando moi ben”, e anima a trasladar as experiencias e avances a outras áreas da USC nas Ciencias da Vida.

O reitor, Juan Casares felicitou a todos os membros da comunidade universitaria que contribuíron, co seu traballo, a que o Campus de Excelencia Internacional da USC acadara esta positiva valoración no período comprendido entre xuño de 2011 e setembro de 2012. O ministerio notificoulle esta valoración á Universidade e comunicoulle que, ao constatar unha evolución tan positiva, queda eximida de presentar informe de progreso o próximo ano, pedíndolle unicamente o informe final, cando rematen os catro anos.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2012-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES