Notas de prensa

Feijóo apela á corresponsabilidade dos profesionais para manter a viabilidade sanitaria

O presidente da Xunta apela á corresponsabilidade dos profesionais sanitarios para manter a viabilidade do Servizo Galego de Saúde e poder rematar esta lexislatura “con máis hospitais públicos, con máis centros de saúde públicos e cunha mellor tecnoloxía”.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou á corresponsabilidade dos profesionais sanitarios para manter a viabilidade do Servizo Galego de Saúde e poder rematar esta lexislatura “con máis hospitais públicos, con máis centros de saúde públicos e cunha mellor tecnoloxía”. “Para iso –dixo- temos que planificar, temos que priorizar e temos que decidir. E para priorizar, decidir e planificar imos a facelo de común acordo”.

Neste sentido, Feijóo quixo agradecer o compromiso do presidente e dos profesionais da Organización Médica Colexial, coa que se reuniu; “agradecer o compromiso en axudar para manter a sanidade pública a pesar da crise económica, para manter unha sanidade pública eficiente e viable”.

Así mesmo, o titular da Xunta agradeceu á OMC a presentación, en Galicia, do documento Profesión Médica e reforma sanitaria, con propostas para a mellora do Sistema Nacional de Saúde. “E, agradecemento, tamén, porque no documento se concretan algunhas cuestións positivas do Servizo Galego de Saúde, faise algún guiño da boa xestión e da participación que se está intentando facer no Servizo Galego de Saúde, dentro das competencias e das responsabilidades da xestión sanitaria dos hospitais e dos centros de saúde da atención primaria, en Galicia”.

Feijóo incidiu en que o Goberno galego participa da filosofía, da estratexia e da orientación do texto para salvar o Sistema Nacional de Saúde da profunda crise económica que está padecendo España e “da diminución drástica dos ingresos que temos as administracións públicas”. “Estamos de acordo coa OMC de implementar medidas que se basean máis no bo goberno, na xestión clínica, na planificación dos servizos, na planificación dos recursos, na xestión eficiente da sanidade e dunha prestación farmacéutica proporcionada e razoable. O documento fai fincapé no bo goberno, na xestión clínica e en adoptar unha serie de medidas para preservar a viabilidade do Sistema Nacional de Saúde”.

Nesta liña, e amais da corresponsabilidade, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá profundando nunha racionalización do uso do medicamento, “nunha prestación farmacéutica homologable ao resto de Europa”. “E, en segundo lugar, -engadiu- imos profundar nunha proposta de planificación da tecnoloxía e dos servizos de referencia dentro do Servizo Galego de Saúde; imos buscar un entendemento cos profesionais para ver cál é a planificación que temos que adoptar, cáles son os servizos de referencia e en qué lugar deben de estar e cómo debemos de utilizalos para dar maior calidade e excelencia no ámbito da tecnoloxía sanitaria”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES