Notas de prensa

440.000 vacinas fronte na gripe na campaña que remata o 14 de decembro

Ademais, 32.000 persoas teñen solicitado xa cita para vacinarse, polo que aínda faltan 70.000 que o ano pasado se vacinaran e este aínda non o pediron e lémbrase que as vacinas da gripe son “seguras e eficaces”.

O director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Manuel Varela Rey, vacinouse fronte a gripe co fin de destacar a súa importancia xa que “é a mellor forma para protexerse fronte esta enfermidade e evitar as complicacións asociadas á mesma”.

Doutra banda, o director xeral lembrou que as vacinas da gripe son “seguras e eficaces, e non hai ningunha incidencia especial relacionada coa seguridade da vacina tras o aviso de inmobilización”. Desta forma fixo un chamamento a vacinarse a todas aquelas persoas que o ano pasado xa o fixeran por estas datas e que aínda non pediron cita neste 2012.

Así, calquera persoa vacinada dentro do período que abrangue a campaña, que finalizará o próximo 14 de decembro, “gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia”, que como indica a vixilancia epidemiolóxica chegará ao seu pico nos meses de xaneiro e febreiro, asegurou Manuel Varela.

No que vai de campaña, vacináronse contra a gripe ao redor de 440.000 persoas, dos que case 360.000 tiñan 60 ou máis anos e dos que arredor de 5.500 eran profesionais sanitarios. Ademais, 32.000 persoas teñen solicitado xa cita para vacinarse, polo que aínda faltan 70.000 que o ano pasado se vacinaron e este aínda non o pediron.

Poboación diana

Esta campaña está destinada a todas as persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco. Inclúense nos grupos de risco da vacina antigripal ás persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias; persoas institucionalizadas con procesos crónicos e aquelas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias; os nenos e adolescentes -de seis meses ata 18 anos- con tratamentos prolongados de aspirina; as persoas con obesidade mórbida; e as mulleres embarazadas durante a temporada de gripe.

Inclúense tamén na poboación diana os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco, como os traballadores de centros sanitarios e sociais, e tamén as que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías e bombeiros; as que pola súa ocupación poden estar en contacto con aves; e os viaxeiros internacionais.

Como vacinarse

Os interesados en vacinarse deben pedir cita polos mecanismos habituais ou poñerse en contacto co seu centro de vacinación, onde lle informarán de como e onde solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES