Os dezasete ponentes do evento TEDxGalicia 2012, que terá lugar mañá venres no Parque Tecnolóxico de GaliciaTecnópole (Ourense), están ultimando as súas intervencións a partir do lema E se... ?. Entre eles figuran o piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín, o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, a coreógrafa e bailarina Silvia Montes e o único árbitro de fútbol galego na Primeira División, Ignacio Iglesias.
Estes profesionais de tan diferentes ámbitos iranse sucedendo uns a outros en charlas de 18 minutos exactos nas que darán a coñecer a súa particular perspectiva da vida, incidindo en como afrontan os retos que asumen cada día. Con esta filosofía, o TEDxGalicia sae por primeira vez da capital galega coa Tecnópole como anfitriona, movida pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario.
Completan o plantel de ponentes a experta en innovación cultural Mónica Moure, o violonchelista Carlos García, o emprendedor tecnolóxico Andrés Mazaira, o comunicador Javier Cebreiros, o físico e divulgador científico Jorge Mira, o avogado experto en internet José Manuel Pérez, a deseñadora industrial Marta Falcón, o creativo Miguel Castro, o empresario Marcos Rodríguez, a compositora e cantante Patricia Moon, o biólogo e artesán Pablo Carpintero, o enxeñeiro de Telecomunicacións Ricardo Capilla e a mestra de educación especial Fátima García.
TED, que significa Tecnoloxía, Entretenemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están convidados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.
O evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos persoeiros como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2). Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia da maneira máis atractiva posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos.
Posteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que lle permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia e este ano, por primeira vez, inclúe a celebración do TEDxYouth, unha variante dirixida a rapaces e rapazas na que os ponentes tamén son menores de idade e para a que a organización conseguiu a licenza recentemente.
Máis información en http://www.tedxgalicia.com/
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.