
O profesor da Facultade de Bioloxía Jesús López Romalde comezaba a súa intervención na toma de posesión como novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da USC asumindo que acepta o reto nun contexto complicado para, deseguido, comprometerse a traballar para lograr as mellores solucións e levar a bo termo os asuntos que aínda quedan pendentes.
Nun concorrido acto no Salón de Graos do Colexio de San Xerome o reitor mostrouse convencido de que o novo vicerreitor será quen de atopar solucións nun momento como o actual de inquedanzas e incertezas. Precisamente por iso, dixo, agradézolle a súa xenerosidade por prestarse a asumir un cargo de tanta responsabilidade.
López Romalde colle así o relevo da anterior responsable desa Vicerreitoría, a profesora Carmen Fernández Morante, e faino desde a dirección do Centro de Posgrao, cargo que ocupaba dende hai meses.
O novo vicerreitor é catedrático de Microbioloxía e na actualidade lidera tres proxectos de investigación relacionados con patoloxía de moluscos e virus entéricos. Antes de dirixir o Centro de Posgrao da USC foi secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.