Notas de prensa

As pemes galegas aumentan un 40% en dous anos as vendas online

Os últimos datos do Osimga presentados no Foro Redes Sociais e Comercio Electrónico, revelan que o tecido empresarial galego se adapta ás novas tendencias, apostando polo comercio comercio electrónico e abrindo novas vías para distribuír os seus produtos.

O último informe sobre a penetración das TIC nas empresas galegas elaborado polo do Observatorio para a Sociedade da Información e Modernización de Galicia (Osimga) indica que nos últimos dous a venda de bens e servizos online creceu un 40%, tanto nas empresas de máis de 10 empregados como nas microempresas galegas.

Para a directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, estes datos poñen de manifesto que o tecido empresarial galego se adapta ás novas tendencias, apostando polo comercio comercio electrónico, abrindo novas vías para comercializar os seus produtos. Para Mar Pereira o comercio electrónico representa “unha das mellores oportunidades que ofrecen as TIC para acceder a máis clientes potenciais e a unha maior cobertura xeográfica”.

A responsable da área tecnolóxica da Xunta, que clausurou hoxe o Foro Comercio Electrónico e Redes Sociais de El Correo Gallego, sinalou que o sector empresarial galego debe ter presenza global e orientar a súa actividade cara a internacionalización co fin de fomentar a mobilidade, a comercialización dos seus produtos e servizos no estranxeiro e atraer investimento foráneo.

Mar Pereira situou o comercio electrónico como un dos instrumentos para conseguir este obxectivo e destacou que dispor de acceso e presenza en internet constitúe un elemento clave para que as empresas galegas poidan abrirse ao mundo e dar visibilidade ao seu negocio así como un factor imprescindible de subsistencia.

Neste sentido, a directora da Amtega recordou que segue a existir importante diferenza entre as empresas de máis de 10 empregados e as microempresas en canto a conectividade e presenza na rede, aínda que últimos dous anos reduciuse de xeito notable.

No período 2010-2012, a contratación de Internet nas microempresas experimentou un incremento do 17,6%, superando o ritmo de crecemento estatal (12,2%). A día de hoxe a porcentaxe de microempresas con conexión a Internet contratada sitúase no 75% e o 29% contan con páxina web. En canto ás empresas de máis de 10 empregados, a práctica totalidade teñen conexión a Internet e o 70% dispoñen de web. Para a directora de Amtega estes cifras indican unha mellora substancial no proceso de dixitalización das pemes aínda que queda camiño por percorrer para adaptarse aos requirimentos dunha contorna cada vez mais dixital e interconectada.

Pereira recordou a contribución da Administración autonómica neste eido a través do Plan de Banda Larga da Xunta, que en dous anos dotou de cobertura a máis de 490.000 galegos sen conexión a Internet e permitiu que sexan xa 1 millón de persoas ás que poden acceder ás redes NGAs, con velocidades de 100Mpbs. Estas son as redes máis punteiras, as que permiten o acceso os servizos máis avanzados da sociedade da información.

En Galicia o 19,4% das empresas de 10 e máis traballadores e o 12,9% das microempresas galegas con conexión a Internet teñen presenza activa nas redes sociais. A responsable de Modernización destacou a importancia de que estas porcentaxen medren xa que as redes sociais representan novas vías para que as empresas galegas poidan difundir e consolidar a imaxe de marca da compañía.

Destacou tamén que desde a Xunta estanse a priorizar priorizar as relacións da Administración coa cidadanía e empresas a través da súa presencia nas redes sociais e a posta en marcha de servicios web propios da web 2.0. A Administración autonómica incrementou progresivamente a súa presenza nestas canles e actualmente conta con 130 canles en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo. O portal corporativo www.xunta.es conta con máis de 11.000 seguidores en Facebook e Twitter.

Nesta liña recordou tamén a posta en marcha este ano do Portal Abet@s, unha iniciativa Open Data da Xunta, que ofrece en formatos abertos información de interese para cidadáns e empresas. Recordou constitúe un elemento xerador de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES