O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego a través da Consellería de Facenda- e o Banco Europeo de Investimentos (BCI) asinarán nos próximos días unha operación de crédito de 80 millóns de euros que se destinarán a investimentos en materia de infraestruturas. Esta operación, da que foi informado o Consello da Xunta, servirá para executar o programa de endebedamento da comunidade autónoma galega autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira.
Segundo Feijóo, este acordo que agora se vai formalizar, acredita que o rigor e a eficiencia orzamentaria dan froitos en épocas de dificultade e é a proba de que Galicia dispón de crédito nos mercados financeiros que están pechados para a inmensa maioría das comunidades autónomas. Pese as dificultades que está pasando neste momento España, Galicia insistiu- sigue gozando de crédito en entidades privadas, en entidades bancarias nacionais, en entidades bancarias internacionais e, neste caso, nada máis e nada menos que o Banco Europeo de Investimentos.
O presidente da Xunta defendeu a senda do rigor e da eficiencia orzamentaria da anterior lexislatura, que garantiu a estabilidade e, en consecuencia, permite agora xerar confianza aos investidores, xa sexan empresas petroleiras ou empresas automobilísticas. Seguimos tendo crédito, seguimos tendo unha débeda pública por debaixo da media da débeda pública do resto das administracións autonómicas e, grazas a isto, estamos conseguindo non acudir ao Fondo de Liquidez Autonómico, ao que están indo practicamente todas as comunidades autónomas salvo as de concerto, subliñou.
Lembrou que dos 50.000 millóns de euros que se puxeron a disposición das comunidades autónomas, ben a través de créditos ICO, ben a través do Fondo de Liquidez, Galicia pediu cero euros. Polo tanto, a pesar da marexada na que está o mercado financeiro e das dificultades de financiamento de todas as administracións públicas, Galicia sigue tendo crédito para os inversores e para os bancos tanto públicos como privados.
Así mesmo engadiu que este camiño é un bo sinal para empezar a próxima lexislatura, porque, en primeiro lugar, estamos colocando diñeiro por debaixo do interese que están pagando as administracións públicas e, en segundo lugar, porque beneficiamos os nosos provedores, que están cobrando en menos tempo que o resto de provedores das administracións públicas autonómicas.
Segundo explicou, a solvencia de Galicia beneficia tamén a España na medida en que hai comunidades autónomas que están intentando e conseguindo, de momento, un equilibro das contas públicas con ratios de solvencia que acreditan que a banca pública europea máis exixente siga confiando na comunidade autónoma.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.