O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia será a primeira comunidade autónoma que financiará os programas universitarios de investigación Ramón y Cajal y Juan de la Cierva para a contratación de investigadores nesta convocatoria de 2012. Unha liña de apoio á universidade que, en palabras de Feijóo, reforza a aposta constante que ao longo desta lexislatura a Xunta vén facendo pola innovación e a investigación de calidade.
Segundo explicou, o Goberno galego asumirá completamente o financiamento destes dous programas de investigación considerados dos máis importantes a nivel do Estado. Así, os centros do Sistema universitario de Galicia que acollan estes investigadores non terán que aboar o financiamento complementario recollido na convocatoria do Ministerio de Economía e Competitividade. Unha contía que ascende a 50.000 euros no caso do programa Ramón y Cajal, 10.000 euros por ano durante un quinquenio para cada un dos contratos; e a 21.000 euros para os pertencentes ao Juan de la Cierva, 7.000 euros por ano durante un trienio.
Pensamos que os universitarios que obteñan este programa non poden ter dificultades económicas para completar as becas que teñen asignadas, asegurou Feijóo, para agregar: As dificultades que estamos pasando todas as administracións públicas, tanto a administración central, como as autonómicas ou a universitaria, non pode comportar unha paralización destes programas de excelencia.
Feijóo explicou que estas axudas se instrumentarán unha vez que se resolvan as convocatorias e se coñeza o número de contratos que se lle asignen ao sistema universitario galego, tendo en conta que o Ministerio convocou un total de 175 bolsas correspondentes ao programa Ramón y Cajal e 225 para o Juan de la Cierva.
O mandatario galego en funcións concluíu lembrando a aposta da Xunta pola I+D+i, que se reflicte en actuacións como a implantación do Plan I2C ou a creación da Axencia de Innovación, que xa empezou a funcionar e se desplegará na próxima lexislatura na súa totalidade. E, tamén, nos máis de 90 millóns de euros destinados a innovación sanitaria, no fondo tecnolóxico de 20 millóns de euros do fondo de capital risco ou no programa Interconecta.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.