Notas de prensa

A Coruña acolle o 23 de novembro a Conferencia Internacional de Acuicultura

A Xunta de Galicia organiza conxuntamente coa Comisión Europea e o Goberno central a Conferencia Internacional de Acuicultura que se celebra o venres 23 de novembro na Coruña, como unha mostra da aposta da Comunidade por esta actividade económica.

A Consellería do Medio Rural e do Mar organiza conxuntamente coa Comisión Europea e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a conferencia internacional de acuicultura que se celebra na Coruña ante o interese común de ambas administracións e do Goberno do Estado de impulsar o desenvolvemento desta actividade de xeito sustentable. O secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, presentou esta mañá en Santiago a programación do evento que acolle Galicia “como mostra da aposta que fai a comunidade galega por esta actividade contando xa cun plan estratéxico para este sector na liña do que proporá a reforma da PPC para o ano 2014”, dixo.

O secretario xeral do Mar sinalou que a xornada ten como obxectivos analizar o futuro da acuicultura, os seus retos e oportunidades e debater sobre as ferramentas de planificación para o impulso sustentable da actividade nos eidos social, económico e ambiental. Neste sentido, entre os temas máis importantes que se tratarán destacan as formas de reducir e mitigar o impacto ambiental, cunha guía de boas prácticas para integración na dimensión territorial da acuicultura e a necesidade da mellora da calidade da oferta de produtos que pode xerar esta actividade.

Ademais, segundo explicou Juan Maneiro, a conferencia tamén servirá como foro de intercambio de experiencias sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento da acuicultura, que están reflectidas na proposta de reforma da Política Común de Pesca.

Programación

O evento contará coa participación do alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o Presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijoo, que intervirán na inauguración. Por outra banda, a Comisaria de Pesca e Asuntos Marítimos, María Damanaki, e o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, intervirán na clausura. Ademais comprenderá diferentes conferencias e mesas de debate a cargo de expertos de diferentes países, que avaliarán a situación actual do sector.

Por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, o secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, ofrecerá unha conferencia sobre a Estratexia Galega de Acuicultura, que rexerá a planificación e a xestión desta actividade ata o ano 2030. Os asistentes tamén poderán coñecer a planificación para o desenvolvemento da acuicultura en Irlanda da man do director de Servizos de Desenvolvemento Acuícola do Irish Sea Fisheries Board (BIM), Donal Maguire.

Por outra banda, o director do Instituto para a Protección e Seguridade dos Cidadáns, Stephan Lechner, falará sobre os indicadores de actuación da acuicultura europea e o xefe de Unidade da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesqueiros da Comisión Europea (DG MARE), Ernesto Bianchi, ofrecerá unha conferencia sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento sustentable da acuicultura europea.

Ademais haberá mesas de debate sobre o estado actual e o papel do sector acuícola, que moderará o Secretario General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Carlos Domínguez, e sobre as liñas estratéxicas para o impulso da acuicultura, que estará moderada polo director da DG MARE, Ernesto Penas. Este mesmo representante da CE tamén será o encargado de moderar o foro de debate sobre os plans estratéxicos nacionais de acuicultura como ferramenta práctica para apoiar o desenvolvemento sustentable desta actividade. Nestes foros participarán representantes de administracións locais e nacionais, dos organismos científicos, da industria, grupos de interese e ONG,s relacionadas con esta actividade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES