
O Edificio Administrativo da ConsellerÃa de Sanidade acolle a exposición itinerante do III Concurso de Debuxo e Lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes, e que foi inaugurada pola titular da carteira sanitaria do executivo galego, RocÃo Mosquera Ãlvarez, quen estivo acompañada polo director da Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde, Jacinto Sánchez Ibáñez.
Nesta exposición, que permaneceu durante unha semana en cada hospital da rede do Sergas, asà como en diversos centros de saúde, están os debuxos que o xurado designou que resultaran premiados.
No concurso, destinado ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), participaron 1.050 estudantes de 42 concellos galegos.
Con esta iniciativa, o departamento que dirixe RocÃo Mosquera busca achegar a realidade dos transplantes á poboación escolar para que os rapaces poidan valorar os beneficios para a cidadanÃa do fomento da doazón de órganos. A medida complementouse con actividades formativas realizadas en clase polos profesores que facilitaron a creación de ideas e que propiciou o desenvolvemento da imaxinación do alumnado á hora de elaborar o debuxo.
Para o Servizo Galego de Saúde, un dos obxectivos primordiais na concienciación da doazón e o transplante é precisamente o deseño de intervencións educativas dirixidas a dotar de coñecementos e mellorar a opinión sobre este tema entre a mocidade galega.
As ConsellerÃas de Sanidade e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria están a colaborar nos últimos anos académicos na realización dunha campaña de información sobre a doazón de órganos e tecidos en centros educativos de secundaria, bacharelato e ciclos formativos da nosa comunidade. No transcurso deste tempo, impartÃronse un total de 434 charlas e 23.217 alumnos de 100 concellos diferentes recibiron información sobre a doazón e o transplante. Neste senso, as enquisas realizadas ao remate das charlas amosaron a vontade dos rapaces, dos cales o 85% declaran o seu desexo de ser doadores de órganos, e o 97% respectarÃan a decisión expresada en vida por un familiar a doar. Isto pon de manifesto a importancia de informar, educar e invitar a que a cidadanÃa manifeste a súa decisión.
Actividade nos dez primeiros meses do ano
Nos dez primeiros meses deste ano houbo en Galicia un total de 84 doadores de órganos cadáver, fronte aos 70 do mesmo perÃodo do ano anterior, o que supón un incremento do 20%, e realizáronse un total de 239 transplantes. Destes, 78 foron de fÃgado, 18 de corazón, 25 de pulmón, 5 de páncreas e 113 de ril (17 deles de doador vivo). Ademais, tamén nestes dez primeiros meses, preto de 4.300 persoas amosaron a súa intención de doar os seus órganos o dÃa en que falezan, o que fai que, xa máis de 87.000 galegos, estean en posesión do carné de doador.
No acto, RocÃo Mosquera agradeceu á ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e aos profesores dos 66 centros educativos participantes neste concurso, o seu esforzo e interese amosado para que a mocidade tome conciencia sobre a doazón, o que lles permitirá tomar unha decisión responsable o dÃa de mañá.
Ademais, a máxima responsable da sanidade pública galega remarcou que nada disto serÃa posible sen a xenerosidade dos doadores e as súas familias, que co seu xesto fan realmente posible que o milagre do transplante sexa unha realidade.
Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos cientÃfico, tecnolóxico, empresarial e das polÃticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxÃa, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas polÃticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das polÃticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as polÃticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste perÃodo foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No perÃodo 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.