A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo presentará a oferta enogastronómica de Galicia e México D.F. no marco do evento Millésime México 2012, xunto ás do resto das comunidades autónomas que conforman a marca turística España Verde -Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi-, ao obxecto de difundir a gastronomía como un dos atractivos turísticos máis importantes do Norte de España en América.
Esta é a segunda edición de Millesime en México D.F. despois de celebrarse en cinco ocasións en Madrid e outras dúas na República Dominicana e Brasil. Millesime celébrase no recinto de Expo Bancomer. O evento gastronómico, destinado a públicos especializados e de prestixio do sector, celebrarase entre mañá e o día 8 de novembro, na capital mexicana.
Para a promoción da enogastronomía do Norte, España Verde disporá dun espazo no open bar de Millésime México que compartirán as catro comunidades autónomas que conforman a marca.
Chefs relevantes
Neste espazo, chefs relevantes do panorama gastronómico da España Verde elaborarán a través dun showcooking de alta cociña os seus mellores pratos relacionados coa gastronomía de cada unha das súas comunidades autónomas e presentarán unha selección de minitapas destes pratos. No caso galego, cociñarán os chefs Yayo Daporta, do resturante Yayo Daporta de Cambados, e Alberto G Prelcic, do restaurante Silabario de Tui, ambos con estrela Michelin.
España Verde terá á súa disposición convites para achegar a este evento a prescritores e líderes de opinión no ámbito gastronómico de México.
Neste evento, Galicia será a Comunidade autónoma encargada da coordinación, tanto da promoción gastronómica como da turística en xeral, que se levará a cabo a través dun stand no que ofrecerá material de promoción aos asistentes.
Esta é a cuarta ocasión que Turismo de Galicia participa no evento Millésime, logo de ter promocionado a enogastronomía galega nas edicións de Madrid, Brasil e México 2011.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.