Notas de prensa

A Deputación Provincial de Lugo impulsa a XV Festa da Castaña do Caurel

A Deputación colabora con asociacións e Concellos de todas as cores políticas aportando un total de 100.000 euros para organizar diferentes iniciativas que poñen en valor os produtos autóctonos.

A Vicepresidente Segunda, Lara Méndez e a Concelleira de Cultura do Caurel, Mª Carmen Vergara, presentaron a Festa da Castaña deste Concello, que se desenvolverá esta fin de semana en Folgoso, posto que esta é unha celebración que dende os seus inicios alterna o escenario dos actos festivos entre esta localidade e a de Seoane. A cita chega este ano á súa vixésimo quinta edición e fai deste froito típico da Montaña luguesa o produto estrela da programación.

De feito, a comarca de Quiroga, na que se inscribe este municipio, é, con máis de 1.100 hectáreas de soutos, unha das máis destacadas de Galicia en canto a superficie cultivada e produción. Hai que ter en conta ademais que a Comunidade galega é a principal produtora de castaña do país, aportando unhas 7 toneladas de media por ano. Hai que salientar ademais que esta castaña conta cun distintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), da que forma parte toda a provincia de Lugo agás a Mariña, posto que este non é un cultivo axeitado para zonas costeiras.

O organismo provincial colabora con esta iniciativa dentro da súa aposta pola riqueza natural da provincia e, en particular, nos produtos autóctonos, como factor de “crecemento económico”. Tal e como destacou Méndez, “a calidade dos nosos recursos agroalimentarios ou artesanais é unha factor distintivo que ofrece innumerables camiños de crecemento económico”. Lara Méndez destacou que esa é a motivación fundamental para que a Deputación destine unha partida de 100.000 euros neste ano a poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos nosos produtos autóctonos de calidade” como unha vía para revitalizar a economía luguesa, sobre todo na zona rural, e frear a grave perda de poboación que está a padecer a provincia como unha vía para revitalizar a economía dos Concellos da provincia “con independencia da súa cor política”.

Tal e como destacou Mª Carmen Vergara, que ademais é a presidenta da Asociación “A Coroa”, organizadora do evento no que colaboran moitas casas comerciais e negocios da zona, “é importante non só para promocionar os nosos produtos senón tamén o noso Concello e toda a Comarca”. Finalmente, quixo agradecer a colaboración prestada pola Deputación, “sen a que non sería posible organizar esta festa”

Degustación gratuíta

A programación arrincará o sábado pola tarde con algunha das actuacións musicais previstas, aínda que o día grande será o domingo. Tras a lectura do pregón ás 13:00 horas, terán lugar diversas actuacións musicais, que amenizarán a xornada mentres no Campo da Feria os asistentes poderán degustar centos de quilos de castaña acompañados de viño novo.

Ademais da degustación de castaña, tamén se poderá xantar a base de polbo á feira e churrasco, no recinto da feira haberá exposición e venda de artesanía e doutros produtos típicos da zona, coma os derivados do porco, mel, queixos e outros produtos de outono.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2012-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES