O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello, a prioridade da Lei de Garantías de prestación sanitaria que asegurará menos espera, máis liberdade de elección e máis facilidades para unha segunda opinión e para coñecer a decisión dos pacientes que posteriormente a unha intervención ou a un tratamento teñan dificultades para expresala de forma persoal.
Logo de que o Consello da Xunta dese o visto e prace ao borrador do documento, Feijóo afirmou que será a primeira lei que presentemos no Parlamento galego, unha vez que o novo Goberno da Xunta tome posesión despois de cumprir os trámites regulamentarios de investidura e de sesión constitutiva da novena lexislatura no Parlamento.
Nun primeiro termo, o presidente do Executivo autonómico explicou que o novo texto dará garantía de que os pacientes sexan atendidos nun prazo máximo en función da súa gravidade, pasando dunha demora máxima de 180 días a unha demora de 60 días, en función da especialidade e en función da gravidade da patoloxía do paciente; e, igualmente, en función das especialidades e das patoloxías do paciente se establece unha demora máxima en determinadas consultas de 45 días: é dicir, en función da patoloxía e da gravidade do paciente terá dereito a unha demora máxima para unha intervención cirúrxica de 60 días e unha demora máxima para unha consulta externa de 45 días.
Así mesmo, Feijóo destacou que a lei, amais de manter o dereito de libre elección de médico de familia, no ámbito da atención primaria amplía o dereito de libre elección a pediatra e a enfermería. E, no ámbito dos hospitais, por primeira vez, -engadiu- se consagrará o dereito a libre elección de hospital.
O titular da Xunta resaltou que o documento mellora, tamén, a garantía do dereito a segunda opinión médica; imos reducir prazos e a facilitar procedementos para facer efectivo este dereito, aseverou.
Por último, Feijóo precisou que a lei mellora o dereito á manifestación de instrucións previas, incorporando un novo procedemento aos xa existentes. Ata o de agora, podía manifestarse ante notario ou ante tres testemuñas a vontade sobre qué actuacións médicas se querían recibir naqueles casos no que o paciente non puidera expresalas persoalmente como consecuencia do seu estado clínico. E agora, se inclúe outra posibilidade que é remitir ao rexistro galego sanitario de instrucións previas, para que os pacientes que van estar sometidos a unha intervención no límite digan exactamente no suposto de que non podan expresarse posteriormente como queren ser tratados unha vez que se sometan a esa intervención ou tratamento médico.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.