Notas de prensa

Galicia aforra uns 50 millóns de euros no gasto farmacéutico ata setembro

A Xunta di que Galicia continuará coas políticas de racionalización no gasto porque garanten “ter capacidade e ter recursos para diminuír as listas de espera e para cumprir os compromisos de infraestruturas hospitalarias e infraestruturas de centros de saúde”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou que Galicia leva aforrado o redor de 50 millóns de euros na factura farmacéutica entre xaneiro e setembro deste ano, o que representa unha diminución do do 8,79 por cento sobre o mesmo gasto de 2011, onde o aforro acadou os 100 millóns de euros para todo o exercicio. “Só no mes de setembro, que é o último mes que temos pechado, as receitas facturadas reducíronse un 17,8%, a baixada do gasto farmacéutico foi do 22,13% e o gasto medio por receita xa é inferior a 12 euros. Está en este momento en 11,75 euros, o que supón unha baixada de gasto medio por receita superior ó 5%”, explicou o presidente segundo os datos dun informe que a Consellería de Sanidade presentou ante o Consello da Xunta.

Feijóo avanzou que na próxima lexislatura que agora comeza Galicia “continuará na senda da racionalización e da eficiencia do gasto farmacéutico”, xa que estas políticas garanten “ter capacidade e ter recursos para diminuír as listas de espera e para cumprir os compromisos de infraestruturas hospitalarias e infraestruturas de centros de saúde”.

Segundo o presidente, o catálogo priorizado de medicamentos deu os seus froitos e, por iso, “vamos seguir como fixemos desde o principio da lexislatura”. “O primeiro ano da lexislatura – engadiu o presidente- conseguimos que o gasto farmacéutico non subira. Polo tanto, conxelar o gasto. No ano 11 conseguimos diminuír en máis de 100 millóns de euros e neste ano 12 levamos xa nos nove primeiros meses uns 50 millóns de euros menos que no ano 11”.

Alberto Núñez Feijóo recalcou que se toman estas medidas, en primeiro lugar “por responsabilidade, para sustentar o sistema sanitario público en plena crise económica” e, en segundo lugar, “por necesidade de cumprir as prioridades do gasto sanitario que teñen que ir na diminución de lista de espera e de mellores infraestruturas sanitarias”.

Aínda que agora se sitúa nun gasto similar ao do ano 2007, o presidente Feijóo explicou que Galicia “sigue tendo un gasto farmacéutico por persoa superior á media das comunidades autónomas. “É verdade que temos unha poboación máis envellecida, pero é verdade tamén que seguimos tendo un gasto por receita superior ao resto das comunidades”, explicou.

Por iso insistiu en que “hai traballo por facer” e recoñeceu o traballo dos facultativos de atención primaria e hospitalaria así como “a receptividade” dos pacientes “que están observando e vendo como a racionalización do gasto farmacéutico vai directamente a beneficiar aos usuarios do Servizo Galego de Saúde, que terán máis recursos para diminuír esperas e máis recursos para maior tecnoloxías e maior confort hospitalario”, recalcou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES