Dentro do panel sobre Turismo Relixioso e Diálogo Intercultural da Conferencia Internacional Valores Universais e Diversidade Cultural no século XXI: Como pode o turismo converterse en factor de cambio, organizada pola Organización Mundial do Turismo na cidade armenia de Yerevan, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, pronunciou un relatorio sobre o aproveitamento turístico do Camiño de Santiago.
A OMT convidou á Xunta de Galicia a expoñer neste encontro que reúne a expertos e membros do sector turístico de máis de vinte países a súa experiencia no eido do desenvolvemento turístico vinculado á Ruta Xacobea. O obxectivo que persegue a Organización Mundial do Turismo coa celebración desta conferencia é impulsar o posicionamento estratéxico dos países convidados ao encontro para reforzar a cooperación en Europa de cara a incrementar a competitividade turística.
Compartiron panel co xerente do Xacobeo expertos e xestores turísticos de Chipre, Rusia, Bielorrusia, Alemaña e Armenia, e o acto de apertura do encontro correu a cargo do Ministro de Economía da República de Armenia, Tigran Davlyan.
Na súa intervención, José Paz Gestoso destacou a importancia do traballo conxunto das institucións na revitalización do fenómeno xacobeo e tamén da colaboración e esforzo dos axentes sociais como a sociedade civil a través do asociacionismo xacobeo; a igrexa a través do Cabido da Catedral e do Arcebispado de Santiago; así como das diferentes administracións públicas, entre elas a Xunta de Galicia.
Do mesmo xeito incidiu no traballo da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo no que se refire á conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño; á elaboración dos principios xurídicos para a súa protección; a organización de simposios, congresos e xornadas; así como a organización de exposicións e a elaboración de unidades didácticas sobre a Ruta. Tamén resaltou a colaboración coas demais entidades administrativas, xurídicas e eclesiásticas e a creación da rede de albergues de titularidade pública. José Paz explicou que o Xacobeo dende a súa creación tense apoiado en catro piares fundamentalmente: as infraestruturas físicas; as relacións coas administracións e a sociedade civil; a cultura e a promoción.
O xerente do Xacobeo quixo resaltar a relevancia da investigación do fenómeno xacobeo no proceso de revitalización do Camiño de Santiago á hora de recuperar itinerarios históricos; de elaborar publicacións científicas e de manter colaboracións coas universidades, centros de investigación e especialistas, así como a constitución do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.
Segundo explicou Paz Gestoso, o Xacobeo ten contribuído tamén á rehabilitación de boa parte do patrimonio cultural material relixioso e civil relacionado coas rutas de peregrinación e dende a súa orixe tense encargado de difundir e promocionar ese patrimonio a través da súa presenza en feiras turísticas e relixiosas; elaborando e distribuíndo material promocional; organizando famtrips e presstrips para dar a coñecer o Camiño de Santiago nos mercados internacionais e desenvolvendo potentes accións publicitarias e promocionais. Tamén resaltou a presenza nas redes sociais e nas novas canles de comunicación do fenómeno xacobeo que tece unha rede mundial virtual que fala do Camiño de Santiago.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.