
No programa do San Froilán 2012 un ano máis hai de todo e para todos, desde concertos de grupos punteiros e de diferentes estilos, o mellor da música galega, festivais de maxia, actividades infantÃs, animación de rúa, danza, teatro, actividades deportivas, artesanÃa e algo que nunca pode faltar no San Froilán: o polbo e as atraccións.
O San Froilán arrinca este xoves, 4 de outubro, como manda a tradición, co pregón, que este ano corre a cargo da escritora e lingüista Pilar GarcÃa Negro. A lectura terá lugar ás 19:30 horas dende o balcón da Casa do Concello. Logo será a chegada dos Pelúdez.
Pero o programa comeza antes, a primeira hora da tarde con pasarruas a cargo do grupo Airiños da Febra animará o barrio do Sagrado Corazón e as rúas do centro, e cunha serie de actividades no Parque RosalÃa de Castro, que acollerá entre outros un obradoiro de cesterÃa a cargo da Asociación Corazones Artesáns a partir das 4 da tarde.
Ãs 17:15 arrincará o desfile de gando, que recupera o espÃritu da antiga feira que deu orixe as grandes festas de Lugo. Desfilarán razas autóctonas polas rúas do centro da cidade.
Este ano, a apertura das portas da Muralla corre a cargo de compañÃas de danza da cidade, e será o Grupo de Danza da USC quen mañá abra a Porta de Santiago coa representación do espectáculo A porta do sul. O acto terá lugar ás 20:00 horas.
A partir das 20:15 horas continúa a animación na rúa coa percusión do grupo Axé que fará vibrar cos seus potentes ritmos as rúas do centro. à mesma hora terá lugar a sesión de fogos artificiais dende o Barrio do Carme para ver dende o adarve da Muralla.
E coa noitiña chega o ambiente festivo máis marchoso da man dos concertos. Para esta xornada programanse cinco concertos e unha verbena. No escenario de Campo Castelo estarán o grupo lucense As Irmandades do Falo e os grupos de rock galegos John Deeres, Terbutalina e Machina. Na Praza de Santa MarÃa actuarán Coanhandeira e LeilÃa e na Horta do Seminario tocarán a partir das 20:30 horas as Nancys Rubias, o grupo de de punk e música electrónica liderado por Mario Vaquerizo.
A xornada deste primeiro dÃa de festa despÃdese coa verbena das orquestras Claxxon e Poceiro que a partir das 23:00 horas animarán o escenario da Praza Maior.
Variedade e calidade musical de balde
O San Froilán 2012 presenta un ano máis un programa variado coa intención de que haxa música de todos os estilos e para todos os gustos. Bigott, que actuará o luns 8 na Praza de Santa MarÃa e que vai ser un dos grandes descubrimentos musicais deste San Froilán co seu rock transgresor; Che Sudaka, o grupo arxentino-colombiano afincado en Barcelona e que nos seus 10 anos na música acumula préto de 1.000 concertos en 30 paÃses que actuará o dÃa 11 na Horta do Seminario, o escenario principal das festas; La Casa Azul, un dos grupos de moda actualmente da música xuvenil e que estará o 12 tamén na Horta do Seminario; o cantautor portugués António Zambujo, unha nova figura de éxito no paÃs veciño representante do novo fado portugués que chega a Lugo procedente de Corea, onde ven de completar unha amplia xira internacional e que actuará o 12 en Santa MarÃa; o grupo de rock galego Siniestro Total, cunha extensa traxectoria de máis de 30 anos, que actuará o sábado dÃa 6 cun concerto na Horta do Seminario, o grupo navarro Vendetta, que o martes 9 na Praza de Santa MarÃa achegará ao público de Lugo o seu carácter alegre e festeiro de ska e punk rock que co seu primeiro álbume acadou un notable éxito e recoñecemento internacional; o cantante malagueño Zenet, que achegará o seu peculiar estilo de boleros e tangos o mércores 10 en Santa MarÃa; Nancys Rubias, que abrirá as festas o dÃa 4 na Horta do Seminario; o grupo canario Los Gofiones, que estará o dÃa 6 en Santa MarÃa e El Dúo Dinámico, que actuará o dÃa 5 na Horta do Seminario. Son todos grupos destacados do panorama musical actual e de estilos ben variados. Todos os concertos serán gratuitos.
Os mellores grupos galegos
Ao igual que o ano pasado o San Froilán 2012 segue apostando por grupos galegos. O xoves dÃa 4 as festas abriranse cun concerto, na praza de Santa MarÃa, do grupo LeilÃa, que esta a presentar o seu novo disco, Consentimento. O venres 5, dÃa de San Froilán, actuará a orquestra folk Sondeseu, unha agrupación formada por máis de 50 músicos que recibiu o ano pasado o Premio da CrÃtica de Galicia na súa modalidade de Música. O domingo das mozas, 7 de outubro, o grupo Malvela ofrecerá un concerto na praza de Santa MarÃa presentando o seu novo traballo, Raianas. Tamén o domingo das mozas actuará a cantautora galega Sés na praza do Campo Castelo presentado o seu traballo discográfico Admirando a Condición. O xoves 11 de outubro, na praza do Campo Castelo, actuará o cantautor Emilio Rúa, que presentará o seu novo disco, Interior. O venres 12 de outubro pecharanse as festas na praza do Campo Castelo co concerto da formación ferrolán VÃctor Aneiros Blues Band que fará o seu concerto acompañado da cantante candiense Julie Guravich.
Grupos e asociacións de Lugo
Ademais dos grupos galegos anunciados hoxe tamén terán presenza nas festas do San Froilán 2012 un importantÃsimo número de grupos locais. En total, medio cento de grupos, asociacións e artistas a tÃtulo individual da cidade partiparán no San Froilán, concebido como “escaparate da cultura que se fai na cidade”. Parte destas actuacións serán na Praza de Campo Castelo, que contará cun escenario durante as festas que acollerá dous festivais de música tradicional e moderna os dÃas 4 e 5 de outubro, organizados en colaboración con dúas asociacións de Lugo. O primeiro dos festivais, o Festival de Noso, terá lugar o primeiro dÃa das festas, o xoves 4. Está organizado pola asociación Cultura do PaÃs e traerá aos grupos John Deeres, Terbutalina e Machina. Ao dÃa seguinte, o venres 5, o escenario de Campo Castelo acollerá o segundo dos festivais, o Zumbanocoiro, organizado pola asociación Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro. Actuarán tamén tres grupos: A Volta do Agro, Lagharteiras e Tiruleque.
Domingo das Mozas
O Concello de Lugo quere recuperar a tradición do San Froilán de vestir o traxe galego o Domingo das Mozas. Para iso, o programa deste ano fai fincapé nese dÃa cunha serie de actos pensados para animar tanto aos lugueses e luguesas como aos visitantes a saÃr á rúa co traxe tradicional. A principal novidade é que este ano se celebrará en Lugo o I Concurso do Traxe Tradicional coincidindo co Domingo das Mozas, con premios para os mellores traxes galegos antigos e actuais, para agrupacións e para praxes infantÃs, e que todas aquelas persoas que veñan vestidas co traxe galego recibirán un agasallo e poderán levar para as súas casas unha foto de recordo, como se facÃa antes nas festas. Ese dÃa tamén será a tradicional ofrenda a RosalÃa, no parque que leva o seu nome, e que este ano correrá a cargo da escritora Marica Campo.
4 Festivais de Maxia
A maxia terá unha importante presenza este ano no San Froilán e contará cun escenario especÃfico no patio do Seminario Menor que acollerá catro galas de maxia durante as festas. En total serán 20 os magos chegados de Galiza, Brasil e varios lugares do Estado español os que actúen durante as festas en distintos puntos da cidade. O escenario principal será no patio do Seminario Menor, que acollerá 4 galas os dÃas 7, 8, 9 e 12 de outubro, todas elas de balde. Ademais destas catro galas, haberá maxia de rúa na Rúa da RaÃña os dÃas 7, 8 e 9 ás 12 da mañá e as 6 da tarde e estará instalado durante todas as festas na baixada á Praza de Santa MarÃa o Mago Móbil, un camión polo que irán pasando distintos magos a facer os seus espectáculos con sete pases cada dÃa pola mañá e pola tarde.
San Froilán Miúdo
O teatro, a música, a danza, os monicreques e o circo serán protagonistas durante as festas da programación infantil do San Froilán Miúdo, da man de artistas e compañÃas galegas como Os Quinquilláns, Kote Malabar, Os Tres Tenedores, Assircópatas ou Teatro de Ningures, entre outros. Un total de 8 espectáculos, algúns deles en sesión dobre, en horario de mañá e tarde. que se desenvolverá do venres 5 ao venres 12 de outubro nos XardÃns da Deputación. A área de Cultura e Turismo desta institución colabora activamente coa organización deste conxunto de actuacións e actividades de animación e lecer destinado ao público familiar.
Outras actividades
Dous dÃas antes do comezo oficial do San Froilán, Lugo acollerá o Festival de Clown, que se encargará de poñer xa o ambiente de festa nas rúas da cidade o vindeiro martes dÃa 2 e mércores dÃa 3. Un desfile de gando polo centro da cidade o dÃa 4, antes do pregón, rememorará a orixe do San Froilán, que comezou sendo unha feira para converterse logo en festa. O San Froilán deste ano recupera tamén outras tradicións, como os cabezudos ou o protagonismo das Bandas de Música, con concertos nos quioscos da música da Praza Maior e do Parque RosalÃa. Haberá tamén teatro e cada dÃa en cada unha das portas da Muralla un grupo de danza da cidade representará unha peza sobre a historia da cidade. A festa deste ano chegará tamén aos barrios con animación de rúa e por primeira vez na Praza de Augas Férreas haberá unha actuación dentro do programa das festas, a da Orquestra Panorama, grazas á colaboración dos hostaleiros da zona. Outras 10 orquestras encargaránse do ambiente musical nas verbenas. O San Froilán 2012 tamén contará con actividades culturais, como tres exposicións sobre diferentes temáticas. Tamén haberá ata 30 probas deportivas de diversas disciplinas e o Parque RosalÃa acollerá actividades gratuitas de ximnasia e xogos tradicionais. Non poderÃan faltar as casetas do polbo, que abren as súas portas xa mañá, e as atraccións, que o farán o dÃa 4.
Este órgano está formado por 12 expertos de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego como internacional, nos ámbitos cientÃfico, tecnolóxico, empresarial e das polÃticas públicas. Na actualidade a Comunidade despunta en ámbitos como a biotecnoloxÃa, a intelixencia artificial ou a computación cuántica e acada numerosos fitos. O obxectivo deste consello asesor é apoiar e asesorar ao Executivo autonómico nas súas polÃticas públicas de I+D+i para seguir acadando éxitos e posicionando Galicia como un territorio de referencia nesta materia. As persoas que forman parte deste organismo, ademais do conselleiro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, son cinco no eido da investigación, tres no das polÃticas públicas e catro no ámbito da innovación, empresa e emprendemento.
Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis logrou reducir en 2024 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as polÃticas en materia de clima. En concreto, a baixada rexistrada neste perÃodo foi do 68,5% fronte ao 12,8% no que se sitúa a media nacional. Os últimos datos oficiais dispoñibles volven situar a Galicia á cabeza da clasificación nacional en canto a redución de emisións netas. No perÃodo 1990-2024 Galicia logrou reducir en máis de dous terzos as súas emisións netas e tamén é a comunidade española que lidera a baixada de emisións GEI interanual, cun 9,8% menos que en 2023.