Notas de prensa

O Festival de Clown anima as rúas de Lugo nos días previos ao San Froilán

Arrincan as actuacións das compañías máis punteiras do mundo do circo e dos malabares de Galiza, Brasil como paso previo á chegada das festas de San Froilán 2012 que terá, tamén, como prato forte aos grupos lucenses.

O ambiente festivo xa se percibe na cidade e para animar os días previos ás festas de San Froilán, a Área de Cultura do Concello de Lugo organiza o Festival de Clown que presenta as propostas máis actuais en teatro, humor, circo e malabares de compañías de Galiza, Brasil e Madrid. A Praza Maior, Campo Castelo e as rúas do centro histórico servirán de escenario para a ducia de actividades que se programan para o martes 2 e o mércores 3 de outubro.

Á oferta cultural, hai que engadirlle o valor solidario que abrangue o festival ao programar unha Gala Solidaria para o mércores 3 de outubro cuxa recadación destinarase para organizar o Festiclown Palestina 2013. A gala celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 21:00 horas e as entradas estarán á venda na billeteira do auditorio dende ás 19:30 horas ao prezo de 5 euros. Este carácter solidario tamén se reflicte nas actuacións da Sección á Gorra que se celebrarán na Praza do Campo Castelo.

O Festival de Clown está organizado en conxunto polas Concellerías de Cultura de Ourense e Lugo para abaratar os custos. Segundo destacou o edil nacionalista, Antón Bao na presentación deste festival “estas liñas de colaboración permiten aproveitar programacións e recursos en ámbalas dúas cidades e traer compañías de fóra a un mellor prezo.”

Este festival achegará a Lugo unha escolma de espectáculos que están a marcar o novo circo galego así como propostas de fóra de Galiza, con compañías de Brasil e Madrid. Ao longo destes dous días celebraranse máis dunha ducia de espectáculos en distintos puntos da cidade (Praza Maior, Praza de Campo Castelo, Vicerreitorado e outros espazos do casco histórico) a cargo das 5 compañías participantes: Os sete Magníficos máis un (Galiza), Peter Punk (Galiza), Cé Orquestra Pantasma (Galiza), Kanbahiota (Madrid) e Teatro do Anónimo (Brasil).

As actividades paralelas (como son a proxección de documentais ou o obradoiro formativo gratuíto) deixan entrever tamén a aposta polo achegamento a outros espazos, á intervención social dende a participación e a formación crítica, libre e participativa. Ábrese ademais un espazo para espectáculos “de gorra” onde as compañías participantes poden amosar o seu traballo na rúa libremente, pedindo unha contribución económica ao público presente que valorará deste xeito directo e claro. A programación do Festival de Clown permitirá coñecer ao público lucense as propostas máis vangardistas de clown e novo circo que hai actualmente.

Os grupos de Lugo, estrelas do San Froilán

As festas de San Froilán, que presumen de ser as máis populares de Galiza, son un importante escaparate para cantantes e grupos musicais. Precisamente, os concertos son unha das citas máis concorridas das patronais lucenses polo que os escenarios do San Froilán son unha plataforma de referencia para público e músicos. Por este motivo, un dos obxectivos que se fixou a Área de Cultura á hora de deseñar o programa de concertos destas festas foi o de darlle especial protagonismo aos grupos lucenses.

A cidade conta cunha extraordinaria canteira de músicos de gran calidade que, ademais, abranguen distintos estilos e tendencias musicais. Dada esta abundancia de formacións, a concellería deseñou un sistema de rotación para que cada ano varíen os grupos e todos teñan protagonismo nas festas. E por elo, este ano non repite ningún grupo do ano anterior; e proba da riqueza desta canteira musical lucense é que están programados ata doce concertos de grupos de Lugo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo, 2012-10-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES