Notas de prensa

Clausuradas as XXVI Xornadas Penitenciarias Lucenses

Mario Outeiro puxo en valor o traballo levado a cabo pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal a prol da reintegración social das persoas ex convictas. A expulsión dos penados estranxeiros foi a temática central desta edición.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de clausurar as XXVI Xornadas Penitenciarias Lucenses, celebradas os días 17 e 18 de setembro, no salón de actos do Pazo de San Marcos, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal. A temática desta edición estivo centrada na expulsión dos penados estranxeiros, tratada nunha conferencia e nunha táboa redonda, cos seus respectivos coloquios.

Na súa intervención, Mario Outeiro puxo en valor o traballo levado a cabo por este colectivo a prol da reintegración social daquelas persoas que unha vez cumpriron unha condena e que agora teñen como reto refacer a súa vida, destacando que “a asociación Concepción Arenal fai un traballo de tremenda importancia para achegar á sociedade e aos colectivos vencellados ao traballo coa poboación penitenciaria toda a información relacionada cos temas de máxima actualidade tanto no eido lexislativo como no xurídico”.

Entrega de medallas Concepción Arenal

Na xornada fíxose entrega das medallas Concepción Arenal, que entrega a Asociación Penitenciaria do mesmo nome. Unha delas foille outorgada a Mario Outeiro, en agradecemento pola colaboración prestada pola área de Cultura da Deputación de Lugo de cara á organización destas xornadas, que se realizan co obxectivo principal de expoñer unha temática actual encadrada no mundo penitenciario, xurídico e penal desde o punto de vista dos profesionais ou estudosos do tema, que contan con unha experiencia demostrable nos relatorios que defenden.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2012-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES