
A normalidade foi a tónica xeral do comezo das clases nos ciclos de Educación Infantil e Primaria para os 38.272 alumnos pertencentes aos 48 concellos da área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, segundo destacou o xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.
No caso da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra foron 12.932 os alumnos e alumnas que comezaron hoxe as clases en Infantil e 25.340 en Primaria. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.
Da ausencia de incidencias deu conta o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares que estivo nas primeiras horas do curso no CEIP A Xunqueira II, na cidade do Lérez, onde puido comprobar o remate das obras de mellora de aulas, baños, aseos e cuartos de limpeza, uns traballos que tiveron un orzamento de 57.000 euros. Posteriormente, tamén visitou o colexio Campolongo e o EEI Crespo Rivas, tamén en Pontevedra, onde se acaban de investir case 10.000 euros para a reforma e aproveitamento de espazos en catro aulas do centro.
Educación Infantil
Segundo os datos provisionais da Xunta de Galicia, 12.932 alumnos e alumnas de educación infantil comezaron hoxe o curso. Deles, 2.785 están matriculados en Pontevedra cidade, 1.084 en Vilagarcía de Arousa, 593 en Tui, 475 en Lalín, 705 en Marín 796 en Ponteareas, 524 en Sanxenxo, 415 en Cambados, 490 en Poio e 476 na Estrada.
En canto a incidencias neste eido educativo, César Pérez Ares, destacou a total normalidade, salvo no CEIP Rosalía de Castro de O Grove onde os pais decidiron non enviar a clase aos nenos de Infantil. O centro e os profesores estaban abertos para recibilos con total normalidade. A presenza de material no pavillón do centro non afecta ao normal funcionamento do mesmo e é unha cuestión allea a nosa competencia. O concello xa está a traballar para que a total normalidade regrese ao colexio, explicou.
Educación Primaria
Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que e 25.340 alumnos e alumnas tamén comezaron as clases de educación primaria no ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.