Notas de prensa

O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e o Xacobeo colaboran na posta en funcionamento dun Observatorio do Camiño

O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo veñen de reactivar os traballos do Observatorio do Camiño, pertencente á Rede Europea de Camiños. A dirección técnica e desenvolvemento deste proxecto por parte dos dous organismos pertencentes á Secretaría Xeral para o Turismo nace co obxectivo de poñer en marcha unha ferramenta de análise e coñecemento do produto Camiño de Santiago.

Esta ferramenta debe facilitar a toma de decisións, tanto no eido dos proxectos de colaboración que xurdan da rede como no daqueles propios dos destinos participantes. Ademais permitirá establecer un sistema de seguimento dos proxectos desenvolvidos para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos.

Esta mañá, a directora do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, Rosanna López Salgueiro, e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, presentaron en Santiago esta nova ferramenta que xurde da colaboración entre ambos organismos. Entre as principais liñas de acción que acometerá o Observatorio do Camiño sobresaen a realización do deseño dun marco metodolóxico do mesmo que permitirá a compatibilidade de datos entre destinos e en diferentes momentos temporais. Isto permitirá adecuar as técnicas de investigación e análise á realidade e a obtención de información real. Tamén se analizará a oferta vinculada ás rutas xacobeas, como o aloxamento, a restauración, os servizos turísticos e mais o perfil e comportamento do peregrino: perfil sociodemográfico, expectativas e motivacións, organización da viaxe, comportamento durante a ruta e nos diferentes destinos, gasto realizado ou nivel de satisfacción.

O Observatorio analizará o perfil e comportamento do peregrino co gallo de dar solución ás súas inquedanzas e necesidades e ofrecer un mellor servizo. O desenvolvemento deste traballo fará posible medir a magnitude real do mercado turístico asociado ao Camiño (volume de peregrinos) así como o impacto económico do mesmo, recompilando aquel realizado previamente polas fontes de información existentes, como a Oficina do Peregrino en Santiago, na que se expiden as Compostelas, e as pernoitas dos albergues públicos localizados nas diferentes rutas de peregrinación, así como doutros indicadores de ocupación en diferentes establecementos de aloxamento regrado. A partir de agora realizarse unha adecuación das bases de datos, unificaranse os criterios metodolóxicos de traballo e incluirase a explotación da Enquisa de Destino do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

A través do Observatorio do Camiño implantarase nos albergues públicos os software de xestión deseñada polo propio IET Galicia, que xa se utiliza para a xestión de pequenos establecementos hoteleiros galegos.

Tamén permitirá a relación con outras Comunidades Autónomas e países da Rede Europea para facilitar o intercambio de información, posta en común de liñas de acción e metodoloxías de traballo para unificar criterios e avanzar na investigación estatística.

Os datos do observatorio poderán ser consultados na web do Instituto de Estudos Turísticos a través dun enlace específico que estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico: http://www.ietgalicia.com


As cifras de peregrinos

As cifras de peregrinos a Galicia nos primeiros sete meses do ano acadaron as 137.481 pernoitas (noites en albergues) no período que vai de xaneiro a xuño de 2012, segundo datos da S.A. do Xacobeo. Por outra banda, o número de peregrinos que selaron a Compostela na Oficina do Peregrino foi de 100.293 nos sete primeiros meses do ano, un 6,0% máis respecto do mesmo período de 2011.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-08-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES