Así, no transcurso dos últimos días, os participantes, de idades comprendidas entre os 4 e 15 anos, experimentaron en obradoiros de oficios (ferreiros, tecedoras, etc.), o que lles permitiu coñecer o mundo dos gremios; da vida cotiá (para coñecer un día corrente da época medieval); da estructura dun castelo e do asalto ao mesmo, así como tamén de armas e armaduras que rematou nun torneo ou xusta, onde os participantes de cada museo da Rede levaron o seu propio escudo ou brasón.
Para facer fincapé no carácter lúdico e participativo destas Actividades de Verán, celébrase tamén un obradoiro de xogos medievais ao que porá fin un banquete á usanza da época.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.