Notas de prensa

Touriñán, Carlos Blanco e Budiño, Recambios Tucho e moitos máis, este venres no festival Castelo Son, en Culleredo

A parroquia cullerdense de Castelo prepárase para recibir este venres a unha boa selección do mellor humor e a mellor música feita en Galicia: Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño, Recambios Tucho, Familia Caamagno, a Orquestra Aconfónica, Los22 e París DJ.

Será na cuarta edición do Castelo Son, un festival rebautizado (até agora chamábase Castelo Music Festival) pero que mantén o seu espírito intacto: unha noite de música e humor gratuítos nun entorno natural inmellorable –aos pés do monte Xalo- e botado adiante grazas ao esforzo e a ilusión dos mozos da Asociación Castelo Deporte, unha das entidades máis activas e innovadoras da comarca das Mariñas.

O espectáculo do Castelo Son comezará contra as oito da tarde deste venres da man de Xosé A. Touriñán, o veciño máis ilustre de Castelo, que exercerá de padriño do evento cun pregón que abrirá as festas que durarán toda a fin de semana (o sábado e o domingo haberá verbena).

Touriñán –ou ‘Touri’, como se lle coñece na que é a súa terra natal- leva varias semanas colaborando cos organizadores do festival, até o punto de protagonizar un simpático vídeo titulado ‘Isto é Castelo’ no que dá conta de toda a programación. http://youtu.be/VlERhsQ4JXo Despois do esperado pregón de Xosé A. Touriñán, chegará o turno doutras dúas estrelas da cultura galega: o actor e humorista Carlos Blanco e o gaitiero Xosé Manuel Budiño presentarán iLalelo!, o espectáculo conxunto co que levan meses xirando por Galicia e parte do estranxeiro e no que mesturan o mellor humor de Blanco coa mellor música de Budiño, que ademais de interpretar algunha peza en directo exerce de DJ.

Logo de iLalelo!, comezará a música ininterrumpida no Castelo Son: comezando por Los22, a banda de pop-rock da Coruña que está a presentar o seu primeiro disco, ‘Escena Final’. A continuación actuará unha orquestra moi especial, a Orquestra Aconfónica de Carral, con letras festeiras e reivindicativas e co seu ‘jit’ A filloeira como bandeira. Chegará despois un dos concertos máis esperados da noite: o de Recambios Tucho, o grupo de versións jamberras de Tucho, o guitarrista de Heredeiros da Crus que retoma así este proxecto logo do exitoso regreso dos Heredeiros. Por último, chegados desde Sigüeiro pecharán a rolda de concertos Familia Caamagno, a banda galega máis parecida aos míticos Blues Brothers.

Para poñer á guinda á noite, París DJ., o que fora pincha da extinta Sala The Star de Carral (un dos locais de espectáculos de máis sona en toda a comarca), ofrecerá unha ampla sesión da música máis actual para os que queiran prolongar a festa ata altas horas da madrugada.

Entrada e acampada gratuíta

O Castelo Son celebrarase na polideportiva de Castelo, un espazo cuberto pero ao aire libre ao pé do monte Xalo, que contará para a ocasión cun amplo espazo de backstage, unha zona VIP, ademáis dunha extensa explanada destinada á acampada para quen prefira pasar a noite na parroquia cullerdense. Un escenario de case doce metros e máis de 15.000 watios converten este festival nunha das citas imprescindibles no verán en Culleredo.

Porén, e ao correr a organización a cargo dunha asociación sen ánimo de lucro, sendo ademáis un festival completamente gratuíto e aberto a todos os veciños do concello, Castelo Deporte agarda o apoio das concellerías de Cultura, Participación Cidadá e Xuventude de Culleredo para que o evento poida desenvolverse co maior dos éxitos e medrar de cara a edicións posteriores.

Castelo Deporte Asociación, 2012-08-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES