
Dende a dirección do festival faise fincapé en que o retorno económico está destinado á quedar na nosa comunidade, xa que o 100% das empresas que traballaron no Brincadeira eran galegas, ademais da innegable dinamización económica e cultural que supuxo para a comarca de As Mariñas, cos aloxamentos completos e os negocios locais traballando sen tregua.
Especialmente significativos foron os concertos de Status Quo, Calle 13 e dos galegos Herdeiros da Crus, tanto pola potencia das bandas como pola convocatoria de público. Pero cómpre lembrar a presenza nos escenarios do Brincadeira de bandas como Tito&Tarantula, Barb Wire Dolls, OFunkillo, Medina Azahara, Mad Sin, Demented Are Go, Ruxe Ruxe, Boikot ou Sôber, entre outras moitas, que ofreceron directos espectaculares cunha magnífica resposta de asistencia e entrega no público.
A nota curiosa puxérona actuacións como as de Cañita Brava y los Demás, que ateigaron a carpa do escenario Brincadeira Estrella Galicia, Las Grecas, ou a esperada presenza de Chimo Bayo no peche da noite do sábado dende o escenario Brincadeira Ron Legendario.
Considerado en 2011 un dos 18 festivais máis importantes de España, Brincadeira Festival ten xa unha importante traxectoria esta é xa a VI Edición e é un dos máis grandes do norte de España: do 9 ao 12 de Agosto permitirá gozar da programación musical máis extensa realizada en Galicia, con máis de 87 artistas e aproximadamente 70 horas de música.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.