
Máis de tres millóns de persoas seguiron a campaña institucional do Día de Galicia que baixo o lema Para levar a Galicia á cabeza hai que levala no corazón puxo en marcha Xunta o venres día 20. Unhas 1.950.000 persoas accederon á campaña a través de prensa e radio; 700.000 a través da TV e máis de 500.000 fixérono a través das distintas plataformas online (entre elas a web da Xunta de Galicia) e das redes sociais da campaña.
Os datos reflicten o importante nivel de difusión e repercusión da campaña, sobre todo a través das plataformas dixitais e das redes sociais. Proba disto son as máis de 87.000 visitas en Youtube, case 19.000 seguidores en Facebook, centos de comentarios e miles de comparticións en menos dunha semana de emisión.
A campaña Galicia no corazón estreábase o venres día 20 de xullo e, en apenas unhas horas, o spot rexistraba miles de visitas e publicacións en distintas redes sociais, foros, blogs
; algo que acada especial relevancia se temos en conta que se produciron antes do día de máxima exposición, o mércores día 25 de xullo.
O himno galego é o protagonista das distintas pezas das campaña para un día no que a Xunta rende homenaxe ao pobo galego. Nun momento de dificultades económicas, a campaña pretende ser un reflexo do anhelo de Galicia de crecer, de saír adiante, de erguerse e de triunfar no mundo.
No spot participaron máis de 150 figurantes (cidadáns anónimos galegos de diversas idades, que aparecen desempeñando as súas diversas actividades profesionais representando o pasado, presente e futuro da comunidade) para achegar de forma emotiva a idea de que unidos podemos levar a Galicia á cabeza, empregando o xesto de levantarse como metáfora visual de esas ansias de crecemento e superación. Un mapa de Galicia que conforma a idea da Galicia emerxente, creativa, múltiple e emprendedora.
Nota: nos seguintes enlaces poderedes coñecer, en cada momento, as visitas realizadas á campaña a través de Youtube e Facebook.
YOUTUBE: http://www.youtube.com/user/xuntadegalicia
FACEBOOK: www.facebook.com/GaliciaNoCorazon
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.