A Xunta concentrará todas as competencias en materia turística nunha única Axencia de Turismo co fin de gañar en eficacia na promoción do destino Galicia e, ao mesmo tempo, reducir a administración paralela existente. O Consello da Xunta aprobou o proxecto de decreto de creación da Axencia de Turismo de Galicia, un único departamento que concentrará todas as competencias repartidas agora en catro institucións como son a Secretaría Xeral para o Turismo, o Xacobeo, Turgalicia e o Instituto de Estudos Turísticos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que con este proxecto que agora será remitido ao Consello Consultivo- intentamos dar un novo impulso ao sector turístico galego, coa reorganización completa da súa estrutura administrativa. Subliñou que en lugar de diversificar recursos económicos, o Goberno galego está aproveitando todo o potencial que a estrutura turística da administración autonómica ten cunha única estratexia para promocionar un único destino: Galicia.
Feijóo puxo en valor as fortalezas do sector como son a marca turística única e o Xacobeo. Non obstante, admitiu carencias como a proliferación de diversos órganos con competencias concurrentes en materia de turismo e con escasa coordinación entre si. Por iso, considera necesario unificar todos estes órganos nun único organismo cunha única dirección de todos eles. De feito dixo- a do turismo será unha das reorganizacións mais relevantes de diminución e de fusión de catro organismos nun único organismo que coordine todo o turismo na comunidade autónoma.
Ademais de dar cumprimento á Lei de Turismo de Galicia, o presidente recalcou que a creación da Axencia ten un marcado carácter económico e de austeridade xa que responde ao obxectivo de diminución da administración paralela fixado polo Goberno galego ao inicio da lexislatura. Xa fixemos o primeiro plan de diminución da administración paralela e estamos neste momento executando o segundo plan de diminución da administración paralela, lembrou o presidente, quen explicou que a unificación de todas as competencias de turismo nun único organismo suporá un importante aforro en alugueres e noutros gastos de funcionamento, sen que iso signifique prescindir de marcas consolidadas no mercado como a marca Xacobeo ou a marca Turgalicia. Trátase, en definitiva, de gañar en eficacia, porque evitamos duplicidades e adecuamos os obxectivos e os procedementos a un único obxectivo e a un único procedemento das necesidades turísticas galegas, recalcou o presidente. Polo tanto hai un único órgano, unha única estratexia e un único destino, que é colocar Galicia dentro dun destino nacional e internacional. Colocar Galicia como un único produto coordinado por un único organismo, concluíu.
Ampliación albergue Portomarín
Doutra banda, o Consello da Xunta deu o visto bo a un convenio co concello de Portomarín para a creación dun albergue na antiga escola Virxe da Luz, desta localidade luguesa que é unha referencia no Camiño de Santiago. O presidente da Xunta salientou que os albergues son unha carta de presentación de Galicia cara aos peregrinos, de aí o esforzo do Goberno autonómico pola ampliación da rede de albergues.
No que vai de lexislatura acometéronse melloras en 46 albergues do camiño de Santiago e creáronse 500 novas prazas o que supón un incremento do 17% máis de prazas públicas, explicou Alberto Núñez Feijóo, quen subliñou que estas cifras son suficiente indicador sobre o compromiso co Camiño de Santiago e o compromiso con este produto único que ten Galicia fronte a maioría, o resto de comunidades autónomas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.