
O día 21 de xullo do 2012, a Uned Senior de Xestoso celebrou o acto
oficial de clausura do curso académico 2011/2012, no pavillón polideportivo
municipal do CPI "Virxe da Cela", no Xestal(Monfero). Presidido polo Sr.
Alcalde de Monfero, a Sra. Directora da UNED de A Coruña, o coordinador D.
Luís Angel Rodríguez Patiño, entre outras autoridades e representantes
municipais dos diferentes concellos que abarca a Uned Senior de Xestoso:
Monfero, Aranga, Xermade, Guitiriz e Paderne.
Foi un acto moi entrañable, iniciado coa intervención de D. Luís Angel
Rodríguez Patiño, agradecendo a participación e apoio das diferentes
autoridades e institucións, e tamén a dos alumnos e alumnas ("sen vós, non
se podería levar a cabo este proxecto"), afirmou. No mesmo senso, foi a
disertación do Sr. Alcalde de Monfero, da Sra. Directora da UNED e das
outras persoas que participaron na mesa.
Posteriormente, leuse un texto, moi interesante e emotivo, sobre o que
supón a existencia da Uned Senior de Xestoso na dinamización cultural e na
mellora da calidade de vida das persoas maiores desta zona. Tamén se puxo
de manifesto o agradecemento de todos nós, alumnos e alumnas, ao noso
coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, á UNED de A Coruña, a todos os profesores e profesoras que nos orientan e axudan, a todos os concellos que nos apoian e a todas as persoas que fan posible este marabilloso proxecto. Este texto foi escrito por Dona Mercedes Cachaza Platas, alumna da aula de Paderne, que non se atopaba presente, e foi lido por outra persoa no seu nome.
Finalmente, tivo lugar a entrega de diplomas a todos os alumnos e alumnas.
Logo, un xantar de fraternidade, alí, no mesmo polideportivo. Logo, as
persoas que asisten ás clases de música nas diferentes aulas, actuaron
conxuntamente, interpretando diferentes pezas e cancións aprendidas durante o curso.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.