Notas de prensa

A USC promove en Lalín o curso de verán Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0

O curso aborda temas como a linguaxe incluínte, as redes sociais, a imaxe da muller nos medios escritos e audiovisuais, e a representación de estereotipos nos contos e na literatura infantil. Susana López Abella destaca a influencia da linguaxe xornalística na construción dunha sociedade sen discriminación por xénero.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou en Lalín (Pontevedra) o curso de verán da USC Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: educar na comunicación igualitaria cunha reflexión sobre a influencia da linguaxe incluínte para avanzar na igualdade e, nomeadamente, apelou á responsabilidade dos medios de comunicación na imaxe pública que se crea das mulleres. “É necesario, dixo, que a linguaxe xornalística se faga eco dos procedementos lingüísticos encamiñados a evitar a discriminación por razón de xénero e, deste xeito, contribuír a xerar sensibilidades en aras dunha sociedade máis igualitaria”.

Na súa intervención tamén foron obxecto de análise as representacións que se amosan na publicidade, que segundo apuntou “transmiten unha serie de valores que favorecen a permanencia de estereotipos que foron tradicionalmente asumidos durante séculos” e citou algunhas conclusións dun informe elaborado polo Instituto da Muller, segundo o cal "a utilización da imaxe da muller na publicidade responde polo xeral aos dous arquetipos clásicos: a muller como obxecto sexual ou reclamo consumista e a muller no seu rol de esposa, nai e ama de casa". Pola contra, "a imaxe do home representa a autoridade, a sabiduría e a experiencia e as grandes realizacións e profesións correspóndenlles a eles".

Apelou á capacidade crítica da cidadanía “para aprender a empregar modelos que valoren a presencia de mulleres e homes, para representar a todas as persoas que existen na sociedade de forma real a fin de construír modelos de referencia e valores que poidan garantir que a comunicación que se emita se corresponda co principio de igualdade entre mulleres e homes”. Neste contexto, destacou a creación da Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista que, dependente do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, ten como finalidade o asesoramento e orientación para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen na erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.

Na formación desta capacidade crítica, sinalou o relevante papel da escola “como axente de socialización con gran influencia da formación de actitudes, na incorporación de valores e no desenvolvemento da personalidade”, razón pola que a Secretaría Xeral da Igualdade colabora en programas para avanzar na implantación dun modelo coeducativo na escola.

O curso da USC, que se desenvolve no Auditorio municipal de Lalín ata o vindeiro día 20, aborda temas como a linguaxe incluínte, as redes sociais, a imaxe da muller nos medios escritos e audiovisuais, e a representación de estereotipos nos contos e na literatura infantil.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES