Notas de prensa

O secretario de Cultura reúnese co Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia

O secretario xeral da Consellería de Cultura e Educación mantivo unha xuntanza cos membros da entidade para coñecer as iniciativas dinamizadoras que están a desenvolver nos ámbitos turístico, cultural e empresarial galegos e clausurou a mostra Crónica da monarquía española no século XX.

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, reuniusecos membros da directiva do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, co fin de coñecer de primeira man os proxectos que está a desenvolver esta entidade coa finalidade de promocionar e dinamizar os ámbitos do turismo, a cultura e a empresa en Galicia. Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias da Casa da Cultura e da Xuventude Raquel Fernández Soler, participaron, canda o secretario xeral, o presidente do Club, Suso Souto, e mais o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac V. Maceiras, así como outros membros integrantes da directiva.

Clausura de Crónica da monarquía española no século XX

Previamente á reunión, Valentín García participou na clausura da exposición Crónica da monarquía española no século XX, que reúne unha mostra de xornais históricos pertencente aos fondos do Club Exxpopress, e en cuxa organización colaborou a Xunta de Galicia.

Xornais de diversas cabeceiras conforman Crónica da monarquía española no século XX, que formula unha viaxe no tempo polos momentos históricos que marcaron o rumbo da monarquía en España: dende a coroación do Rei Afonso XIII en 1902 ata a morte de Don Xoán de Borbón en 1993 pasando pola proclamación da segunda república, a guerra civil, a ditadura, a transición á democracia, a tentativa de golpe de Estado do 23F etc.

A exposición leva percorridas desde a súa inauguración no mes de maio as cidades de Nova Jersey (EUA), Barcelona e Santiago de Compostela, así como as localidades da Estrada, Ribeira, Boiro, A Pobra do Carmiñal e Rianxo.

Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia

O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia constitúe un colectivo sen ánimo de lucro creado e promovido principalmente por xornalistas de prensa, radio e televisión, que ten por obxectivo a organización de iniciativas de promoción e dinamización turística, cultural e empresarial de ámbito galego buscando nelas a implicación de diferentes institucións, empresas, colectivos e profesionais do sector da comunicación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES