
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceulle ao ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, que entendese e atendese a proposta que naceu de Galicia e que agora fai súa o conxunto do Estado, para agravar as penas e para que os incendiarios restitúan o dano causado. O responsable autonómico trasladou o recoñecemento do pobo galego a unha iniciativa que danos máis seguridade e que achega a sensación de ter unha xustiza que está dentro do que os cidadáns entenden como xustiza.
Tras o encontro que este mediodía mantivo en Santiago con Alberto Ruiz Gallardón, o presidente galego defendeu que endurecer as penas dos incendiarios é actuar con xustiza. Feijóo advertiu que os criminais dos montes teñen que saber que fronte a eles hai un pobo unido e decidido que lles vai esixir non soamente ter privación de liberdade senón o seu propio patrimonio, que quedará a disposición dos galegos e de comunidades como Galicia que viron diminuído o seu patrimonio forestal como consecuencia dalgunhas actuacións que haberá que esclarecer.
Feijóo lembrou que era unha reivindicación do Goberno galego conseguir un endurecemento no Código Penal cara aos autores de incendios forestais, especialmente aqueles que actúan de forma intencionada e de forma reiterada. O presidente amosou o seu convencemento de que do mesmo xeito en que todo o mundo coincide en que o que contamina, paga; agora todo o mundo vai coincidir en que o que queima, paga.
Na súa comparecencia ante os medios, o titular da Xunta lembrou que o Goberno galego tomou a iniciativa na loita contra a impunidade dos incendiarios e logrou a unidade da sociedade galega contra eles. O mandatario galego aseverou que hoxe é un día no que poñemos máis difícil aos incendiarios que poidan seguir actuando de xeito impune, un día que pode ser o inicio dunha reforma do Código Penal que sexa, esta vez si, efectiva para diminuír este tipo de delitos. Así, Feijóo cifrou en preto dun 80% os incendios que se producen de xeito intencionado e informou que neste semestre, a Policía fixo o seu traballo e detivo ao dobre de presuntos incendiarios con respecto ao primeiro semestre do ano pasado.
Deste xeito o responsable autonómico achegou ao ministro as grazas máis expresivas por ser sensible a esta cuestión, por estudala conxuntamente, por traballala conxuntamente e porque ademais el decidiu anunciala en Galicia, o que para nós é toda unha honra.
Unha medida obrigada para Galicia
O presidente galego subliñou que a Xunta de Galicia fixo todos os esforzos e os seguirá a facer para vencer a lacra dos incendios. Nesta liña, Feijóo asegurou que o Goberno galego actuou para poñer en valor o monte con medidas como a primeira Lei de montes dos nosos primeiros 30 anos de autogoberno, que impide a segregación de parcelas forestais por debaixo de 15 hectáreas para manter unidades de explotación rendibles. Así tamén destacou o impulso ás agrupacións voluntarias forestais que supoñen unha figura xurídica que innova o noso ordenamento.
Así mesmo, salientou os avances promovidos para reforzar a vixilancia dos montes, como a decisión do Ministerio do Interior de completar a Policía Autonómica con 157 novos axentes, o que nestes momentos están sendo seleccionados e tomarán posesión en outono.
Ademais, engadiu o presidente galego, tiñamos que ser implacables cos incendiarios. Neste punto, Feijóo explicou que lle corresponde ao Goberno adoptar a decisión de facer modificacións no Código Penal para que teñan moi claro que aqueles que queiman o patrimonio de todos teñen que ter unha responsabilidade ante todos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.