Notas de prensa

O Carballiño prepárase para celebrar a 50º Festa do Pulpo o 12 de agosto

Preséntase a edición número 50º da Festa do Pulpo de O Carballiño, en Ourense, declarada de Interese Turístico Nacional. Esta festa gastronómica, que forma parte do xeodestino O Ribeiro, cumpre o 12 de agosto as vodas de ouro e o celebra cunha mostra histórica de cartelería.

A praza maior da vila do Carballiño acolleu a presentación da nova edición da Festa do Pulpo, que se celebra o día 12 de agosto e que suporá o cincuenta aniversario desta cita gastronómica que este ano contará por primeira vez coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Así o anunciou durante a súa presentación, acompañada polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e mais pola concelleira de Turismo, Pilar Caride, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo. Pardo matizou que “a falta de ser publicado no Boletín Oficial do Estado, a secretaría xeral para o Turismo e mais o Concello do Carballiño xa recibiron o pasado día 29 a notificación da Secretaría de Estado de Turismo sobre a nova declaración da festa”. “Isto convirte a estas bodas de ouro da festa do pulpo nunha edición moi especial”, comentou a secretaria xeral.

Dende as primeiras edicións deste evento, a Festa do Pulpo do Carballiño contou cun deseño específico dun cartel anunciador distribuído a todos os Centros Galegos, ás oficinas de Turismo e aos concellos de Galicia, así como polo resto do Estado. Na presentación da festa que tivo lugar esta mañá no Carballiño estivo presente Felipe Senén, o autor de boa parte dos carteis anunciadores da Festa do Pulpo, unha labor que supuxo a continuación da comezada polo seu pai, tamén Felipe Senén, hai cinco décadas. Con motivo deste 50 aniversario da festa, o Concello ven de organizar unha mostra da cartelería utilizada para promocionar o evento ao longo de todos estes anos, que se pode visitar na Praza Maior da vila ourensá.

A Festa do Pulpo será a cuarta festa da provincia que conte coa distinción de Festa de Interese Turístico Nacional, despois da Festa da Istoria de Ribadavia e dos Entroidos de Xinzo e Verín. A edición 2012 está dedicada ás pulpeiras de Arcos, as auténticas artesás da súa elaboración. Segundo recalcou Carmen Pardo, “ o segredo desta festa non é só o exquisito pulpo, senón tamén a magnífica maridaxe que fai co viño da D.O. Ribeiro e o marco natural incomparable onde se celebra”.

O xeodestino O Ribeiro

Carmen Pardo tamén aproveitou a ocasión para resaltar as cualidades do xeodestino no que se sitúa a festa e comentou que asistir á festa é unha “oportunidade excepcional para aproveitar e descubrir a vila do Carballiño, unha estación balnearia con gran tradición; o mosteiro cisterciense de Oseira ou a Pena Veidosa”. Tamén resaltou que o xeodestino O Ribeiro é unha mostra dos enormes tesouros que agocha Galicia e anunciou que dentro do produto Cabeceira da marca Galicia Patrimonio Oculto promocionaranse lugares deste xeodestino como o Parque Etnográfico do Arenteiro e o Muíño do Anxo; o santuario da virxe da Saleta, a igrexa de San Mamede de moldes e a de San Xulián de Boborás ou Santa María de Melón; o castro do San Cibrán de Las ou a Igrexa de San Xes de Francelos en Ribadavia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES