
A directora xeral de Comercio, Nava Castro, destacou na inauguración do I Encontro da ArtesanÃa Tradicional e Popular de Galicia que este evento, organizado pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, é xa un importante fito na estratexia integral de impulso ao sector artesanal que está a desenvolver a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, poñendo en valor a artesanÃa galega e impulsando a innovación e a calidade no sector.
No Encontro, que nace coa vocación de converterse nun referente do sector artesanal, pode verse durante toda a fin de semana o traballo de medio cento de artesáns que representan un total de 16 oficios, como olerÃa, os instrumentos musicais populares, o téxtil, a forxa, o coiro, a ouriverÃa, a canterÃa e o traballo da madeira, entre outros, permitindo ver a unión entre innovación e tradición que se dá na artesanÃa galega actual.
Xunto cos oficios tradicionais, a gastronomÃa e a música enchen xa de vida Os Pendellos de Agolada, un punto de referencia nas feiras que se celebraban antigamente, con demostracións en vivo, talleres para nenos, conferencias, exposicións ou presentación de libros, ademais de actuacións musicais. AsÃ, neste conxunto histórico artÃstico recentemetne rehabilitado poden visitarse tamén unha trintena de postos de degustación e venda de produtos de alimentación, como mel, viños, sidra ecolóxica, embutidos, aceite ou pan, con especial atención ás denominacións de orixe galegas.
Na inauguración do encontro, para o que a ConsellerÃa conta coa colaboración das asociacións profesionais de artesáns de Galicia e do Concello de Agolada, asà como da Deputación de Pontevedra e a ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar, a directora xeral de Comercio salientou que para reforzar e mellorar a presenza da artesanÃa galega nos mercados, entre outras accións, desde a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria estase a traballar na consolidación da marca ArtesanÃa de Galicia, xestionada pola Xunta, como imaxe única e selo de calidade do sector artesán galego. Tamén se pon un especial énfase na internacionalización, apoiando a presenza dos artesáns nas principais feiras profesionais e impulsando a apertura das empresas a novos mercados.
Un intenso programa
O I Encontro de ArtesanÃa Tradicional e Popular de Galicia, no que para esta tarde están previstas unha conferencia do prestixioso deseñador MartÃn Azúa, ás 19 horas, ou a presentación do proxecto Secretos de Galicia, asà como a actuación das pandereteiras de Tequexetéldere, da Estrada, continuará durante toda a fin de semana, rematando o domingo coa actuación de LeilÃa.
A primeira das actividades programada para mañá sábado é unha cata de Mel de Galicia, que terá lugar ás doce do mediodÃa, hora a partir da cal os membros da Asociación do Traxe Galego animarán Os Pendellos acompañados por música. Xa ás cinco do serán, Martiño Nercellas, da empresa Abella Lupa, falará sobre o oficio dos corticeiros e a súa contribución histórica á aplicultura galega. Ãs seis e media presentarase o libro “TejedurÃa tradicional en Galicia. El telar y la técnica”, editado pola Editorial Canela.
Ademais, os máis pequenos poderán participar nun obradoiro, previsto de 17 a 19 horas e impartido por MarÃa José MartÃnez, no que experimentarán coa artesanÃa dun xeito lúdico. A partir das será será o turno da música, hora á que comezará a actuación de Os Zoqueiros do Porriño. Xa ás 21 horas será o turno do grupo de música folk Riobó, liderado por Begoña Riobóo, que se presenta como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Forman parte do grupo catro recoñedidos músicos cunha sólida traxectoria: Fernando Barroso, á guitarra, Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (frautas e requinta).
Durante todo o encontro poderán visitarse as exposicións “Faragullas da memoria”, centrada na indumentaria tradicional do Condado-Paradanta, e DEMADEIRA, unha mostra de pezas significativas da produción tradicional con este material. Para desprazarse ata Agolada, habilitaranse buses dede a Praza da Marina de LalÃn que sairán os tres dÃas do Encontro cada dúas horas, sendo o primeiro ás once e o último ás sete da tarde. Os buses de volta sairán de Agolada ás 17:15, as 19:15 e as 23 horas. Ademais, todos os visitantes que o desexen poden reservar comida na carpa habilitada pola organización chamando ao 607790055.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.