
O I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e Industria e que se celebrará nos Pendellos de Agolada entre o 6 e o 8 de xullo, impulsará coa participación do deseñador de prestixio internacional Martín Azúa a incorporación á artesanía das últimas tendencias do deseño, dentro da constante aposta da Xunta por promover a innovación e a calidade no sector.
Azúa, que ten obras no MoMa de Nova York, no Vitra Design Museum ou no Museo de Artes Decorativas de Barcelona, será o encargado de dirixir un obradoiro que, baixo o título Útil, busca a colaboración entre profesionais para traspasar as barreiras tradicionais entre o deseño e a artesanía. Dirixido tanto a artesáns como a arquitectos e a deseñadores, celebrarase ao longo do sábado e o domingo, traballando con dous oficios tradicionais, o torneado en madeira e a cerámica, coa colaboración do torneiro José Suárez Regueiro e a ceramista Susana González Amado.
Ademais deste obradoiro, Martín Azúa ofrecerá no encontro de Agolada unha conferencia baixo o nome Artesanía Deseño, unha historia para contar o próximo venres, entre as 19:00 e as 20:00 da tarde, na que explicará como o deseño pode axudar a contemporaneizar o produto artesán e a comunicar a historia que forma parte dos obxectos, reivindicando o valor do singular que ofrecen os produtos de artesanía.
A aposta pola modernización do sector artesán estará presente nas xornadas dos Pendellos tamén a través dos postos de demostración e venda de produtos artesáns, nos que se poderá ver o traballo de medio cento de artesáns que representan un total de 16 oficios, como a olería, os instrumentos musicais populares, o téxtil, a forxa, o coiro, a ourivería, a cantería e o traballo da madeira.
Así, entre os participantes estarán a cesteira Idoia Cuesta e a zoqueira Elena Ferro, finalistas as dúas na última edición dos Premios Nacionais de Artesanía polo enfoque renovador que lle dan a estas disciplinas. Cuesta colaborou con Martín Azúa no Espazo On-Off da Cidade da Cultura, no que participaron outros cinco cesteiros galegos e en cuxo proxecto de iluminación traballou o artesán galego Arturo Álvarez, finalista nos Premios Nacionais de Artesanía.
As distintas actividades programadas para os días 6, 7 e 8 en Agolada, entre as que se inclúen, ademais da exposición e a venda de artesanía, a celebración de demostracións en vivo, talleres para nenos, conferencias, exposicións ou presentación de libros, permitirán, ademais de impulsar o sector económico da artesanía, revitalizar o conxunto de arquitectura popular do século XVIII coñecido como os Pendellos, recentemente rehabilitado. A música tradicional e o baile teñen tamén un oco en Agolada con diversas actuacións; así como a gastronomía, coa celebración de varias catas e degustación e venda de produtos, con especial atención ás denominacións de orixe existentes en Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.