
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o compromiso da Xunta coa Universidade, malia as restricións económicas, cun Plan de Financiamento que garanta a súa estabilidade presupostaria; cunha Lei de Universidades que mellore a coordinación e faga a universidade máis accesible e máis competitiva; e sendo unha das comunidades coas taxas universitarias máis baixas.
Unha vez máis, a sociedade pode atopar na súa universidade, e nos seus universitarios, un estímulo, un guieiro, unha luz nun momento de encrucillada. A Xunta sábeo e, por iso, malia as restricións económicas do presente, trata por todos os medios de contribuír a que o faro universitario se manteña aceso e cos máximos instrumentos posibles para afrontar este momento de dificultade aseverou.
Durante o acto de entrega dos premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia 2012, Feijóo referiuse aos premiados como 60 exemplos de que se pode superar a resignación, se pode mirar adiante con confianza e se pode destacar nun escenario cheo de exames eliminatorios e animounos a seguir polo mesmo camiño.
Así mesmo, subliñou que estes premios constatan que o noso país ten futuro. Nun momento de extraordinaria dificultade para todos, reconforta comprobar que un país antigo como o noso pode ter a seguridade de que seguirá pisando, e pisando con forza, o terreo do futuro. Se podemos contar con esa certeza é porque existen mulleres e homes coma este conxunto de mozos que se atreven a ter soños e que se moven con insistencia para alcanzalos. Eles demóstrannos que a alma galega posúe enerxías suficientes para conseguir unha posición sobresaínte.
O responsable autonómico concluíu a súa intervención amosando o seu convencemento de que co mesmo esforzo co que chegaron os premiados ata aquí, seguiredes labrándovos un gran futuro e seguiredes servindo a Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.