Os responsables da Secretaria Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantivo unha reunión cos vicerreitores de economía das tres universidades galegas, na que a Administración reivindicou a súa proposta de conxelar os prezos das primeiras matrículas. Do mesmo xeito a Consellería propuxo que as subas sexan graduais ao longo dos vindeiros tres anos.
Cómpre destacar que esta xuntanza continúa co espírito conciliador que Cultura e Educación ven demostrando desde o comezo da lexislatura. Neste caso foi o seguinte paso a dar tras o encontro mantido o pasado 14 de xuño entre o conselleiro, Xesús Vázquez Abad e os reitores das tres universidades galegas. En dito encontro, celebrado en Vigo, con Juan Casares, da USC; Xosé Luis Armesto, da UDC, e Salustiano Mato da UVigo o conselleiro fíxolles participes do resultado do encontro mantido o día 13 co ministro de Educación, Ignacio Wert, e comprometeuse a que a Secretaría Xeral de Universidades elaborase en poucos días un borrador do decreto de prezos públicos para o vindeiro curso. Dito borrador foi enviado o pasado mércores ás tres universidades para o seu análise.
A reunión
O encontro de hoxe foi un novo paso para axuntar posicións respectos dos criterios a aplicar no establecemento de prezos públicos universitarios no curso 2012-2013. Na xuntanza, a Consellería fixo unha serie de propostas ás universidades, antes da redacción definitiva do decreto de prezos, que se presentará a informe na reunión do Consello Galego de Universidades do 2 de xullo.
Propostas da Xunta
A Consellería aposta por manter o prezo das primeiras matrículas de ensinanzas universitarias. Esas matrículas conxelaríanse, e os prezos serían os mesmos do curso 2011-12, sen variación algunha.
Ademais para o resto de matrículas (máster, segundas e sucesivas matrículas), quérese empregar sempre o límite inferior das forquitas establecidas no Real Decreto lei 14/2012, do 20 de abril, e conxelar os prezos de tódolos tipos de taxas de secretaría.
Entre as propostas que irán ao CGU o establecemento dunha pequena taxa polo dereito a exame de materias de plans a extinguir que no teñan xa docencia. Deste xeito eliminaríase así a referencia a unha porcentaxe do prezo da matrícula , coma ata agora, en beneficio do estudante. Finamente entre as propostas está a de graduar en tres anos a suba das matrículas de master, e segunda e sucesivas de graos e plans a extinguir. Deste xeito no 2015 xa se contaría cun novo sistema de contabilidade analítica en base ao que se fixarían as taxas públicas.
Con todas estas propostas a Consellería de Cultura e Educación volve a demostrar, unha vez máis e a pesares da difícil situación económica, a súa aposta pola educación para todos e de calidade. O que xa quedou demostrado co conxelación de taxas no primeiro ano e o incremento mínimo permitido nos dous seguintes. Ademais a Xunta volve a apostar polo consenso con todos os implicados coa educación, neste caso concreto na etapa universitaria.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.