Notas de prensa

Gran acollida da moda de Gonzalo Vázquez no evento de networking Work & Play

O deseñador compostelán presentou as súas creacións ante un grupo de profesionais e emprendedores. O espectáculo estivo acompañado dos estilismos da firma Bandín Cebado.

Gonzalo Vázquez, deseñador galego, presentou a súa colección de roupa “Silencio” o pasado 15 de xuño no encontro “Work & Play”, que se celebrou na boutique Saturna da man da axencia de eventos Carpe Diem. A cita tivo a finalidade de establecer lazos comerciais entre os asistentes.

A liña “Silencio” xa foi mostrada a unha nutrida representación de xornalistas e bloggers de moda o pasado mes de maio na capital galega, cunha gran repercusión. Nesta ocasión tocoulle a quenda a emprendedores, que puideron atopar propostas sobrias e elegantes, ideais para unha contorna de negocios. Gonzalo Vázquez destacou o moito que á xente gustoulle o desfile debido a súa “proximidade”, xa que se desenvolveu dentro da propia tenda.

Ademais do desfile de GV, o encontro comercial estivo amenizado por música en directo e cócteles especiais, o que converteu “Work & Play” nunha aposta diferente dentro do panorama galego.

XanVilar, 2012-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES