A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de incrementar nun 11,7% as prazas en ciclos de formación profesional impartidos en centros públicos, no marco da estratexia de impulso e posta en valor da FP que vén desenvolvendo desde o comezo da lexislatura. Así, a oferta para o curso 2012/2013 en ciclos no réxime ordinario e a destinada ás persoas adultas no réxime modular recolle un incremento do 7,9% no número de ciclos autorizados nestes centros. Así, das 25.705 prazas que o departamento educativo da Xunta de Galicia porá a disposición da cidadanía, 2.452 serán de nova creación. Ademais, 68 dos 953 ciclos ofertados serán tamén novos nos centros nos que se impartan.
Deste xeito o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad cumpre co seu compromiso de ofrecer ás galegas e galegos unha oferta de FP ampla e variada, dando resposta ás demandas da cidadanía, na procura dunha cualificación e recualificación dos profesionais dos sectores produtivos máis necesaria aínda nestes momentos de crise económica.
A rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), fortalecida no presente curso pola Consellería, permite a maior parte deste incremento. De feito, absorbe 1.568 novas prazas, que corresponden á implantación de 23 novos ciclos formativos que melloran as posibilidades de formación destes centros. Así, os 17 CIFP dispoñen do 34% das prazas para iniciar os estudos de FP en Galicia, co que queda de manifesto o acertado da aposta da Xunta de Galicia polo fortalecemento desta rede.
Cómpre sinalar, ademais, que a oferta destes centros está deseñada para que inclúan os módulos necesarios que permitan completar a súa formación e obter, de ser o caso, un título de FP- ás persoas que se presentaron ao proceso de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia profesional.
Novos ciclos
A Consellería implantará o vindeiro curso 29 títulos formativos cos currículos renovados e adaptados á Lei das Cualificacións Profesionais e á Lei Orgánica de Educación (LOE). Catro deles son totalmente de nova creación é dicir, non substitúen a ningún currículo antigo-, nomeadamente os de técnico superior en enerxías renovables; técnico superior en animacións 3D, xogos e contornos interactivos; técnico superior en estilismo e dirección de peiteado; e técnico superior en educación e control ambiental. Ademais, implantarase por primeira vez en Galicia, grazas á colaboración empresarial, o ciclo de grao superior de Conformación por moldeamento de metais e polímeros.
Dos restantes 24 currículos novos, formarán parte da oferta do 2012/2013, entre outros, os ciclos formativos de grao superior de automatización e robótica industrial, de mecatrónica industrial, de xestión forestal e do medios natural; e o ciclo de grao medio de atención a persoas en situación de dependencia.
A nova oferta reforza a aposta da Consellería polas ensinanzas de FP como un sistema de oportunidades e unha porta de acceso ao mundo laboral neste momento de crise económica, ao formar profesionais cualificados para dar resposta ás necesidades dos sectores produtivos de Galicia. Así mesmo, a implantación destes ciclos formativos faise conxugando os obxectivos de calidade e eficiencia do sistema educativo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.