Notas de prensa

A Xunta súmase á campaña Somos das ONGD para promocer a solidariedade

O conselleiro de Presidencia mantivo unha xuntanza con representantes das ONGD involucradas na campaña.

A Xunta súmase á campaña Somos, promovidas por diversas ONGD, que propón saír á rúa cunha prenda de roupa ao revés para demostrar entre todos que podemos darlle a volta ás cousas e vivir nun mundo mellor e que ten o obxectivo de promover a cultura da solidariedade.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das ONGD involucradas nesta campaña, coma Médicos sen Fronteiras, Unicef, Cruz Roja, Intermón Oxfan, Médicos del Mundo, Global Humanitaria, Manos Unidas, Acnur e Ayuda en Acción, ás que lles trasladou o respaldo da Xunta a esta iniciativa.

Para o 8 de xuño, a campaña propón un reto común: saír á rúa cunha prenda de roupa do revés para demostrar entre todos que podemos darlle a volta ás cousas e vivir nun mundo mellor.

Segundo explicou o conselleiro, quen tamén se deu a volta á chaqueta, o Goberno galego sumase a esta campaña porque está convencido de que hai cousas que se poden cambiar, e para iso están traballando os miles de cooperantes e voluntarios das Organizacións Non Gobernamentais.

Rueda destacou o apoio da Xunta ás ONGD dende fai vinte anos e salientou a labor que realizan a través da canalización das axudas da cooperación ao desenvolvemento, o que permite estar financiando proxectos en todo o mundo. Concretamente, este ano estanse executando case un cento de proxectos de ONGD financiados pola Xunta de Galicia.

A Campaña “Somos” nace coma unha iniciativa de 25 ONGD españolas encadradas na Asociación Española de Fundraising, que é unha organización non lucrativa cuxa misión en Galicia é o desenvolvemento da filantropía e a captación de fondos en España.

O obxectivo da campaña é promover a cultura da solidariedade e tamén agradecer aos tres millóns de socios a súa colaboración económica coas entidades non lucrativas, así como incrementar a base social das ONGD.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES