
O festival quere seguir apostando pola calidade, a internacionalización e a innovación. Espectáculos difíciles de atopar na programación da carteleira galega, diversos, que intentan chegar a todos os gustos e a todos os públicos, ese é o obxectivo dun festival, en opinión do seu director, Roberto Pascual: Unha obriga dun director é estar atento ás novidades, aos estilos e tendencias escénicas e ofrecer aos cidadáns cultura activa e dinámica, que nos amose dende distintas poéticas a perversidade e a bondade do ser humano, cómica, dramática ou ironicamente. Nese sentido, a selección de espectáculos desta 28ª MIT seguirá nesta liña, atendendo ao público infantil, complementando os espectáculos para adultos do castelo con sorprendentes artes de rúa, recoñecidas compañías e cualidades de grupos emerxentes.
Arredor de vinte e cinco espectáculos entre o 21 e o 28 de xullo pretender subliñar un ano máis a maxia, o interese e a atracción das artes escénicas na capital do Ribeiro, que con este evento cultural chega a triplicar a súa poboación e a dinamizar outros sectores produtivos do contorno. Este histórico evento non renuncia a ser ambicioso e puxante en cada edición e os obxectivos seguen a ser, fronte á adversidade actual, a profesionalidade, a selección cualitativa, a atención ás demandas do público e a permanente ollada á oferta escénica galega e exterior. A MIT congratúlase sempre que as compañías que visitan o festival teñan posteriormente un frondoso percorrido de éxitos e recoñecementos, coma Chévere con Citizen Total ou Kamikaze con Veraneantes (MIT 2011).
Nesta primeira rolda de prensa de avance de contidos da MIT 2012 queremos detacar a oportunidade excepcional que ofrecerá o festival de gozar coas cualidades interpretativas dunha compañía coñecida xa en Galicia e que está colleitando éxitos en escenarios de todo o mundo, Timbre 4. Pero nesta ocasión os actores están dirixidos por Serge Nincolaï nunha obra que conta coa asistencia técnica doutros membros de Théâtre du Soleil. Grazas ao encontro destas dúas referenciais compañías de Francia e Arxentina, poderemos ver A puerta cerrada, de Sarte e que o director francés define deste xeito: Esta é a obra que necesitamos. A escritura mordaz de Sartre, o seu ritmo de xogo dá aos actores o espazo para expresar o que necesito, tan rico nos estados de ánimo e versátil que ofrece un territorio extraordinario; esta é unha obra para actores.
Estreada en París no ano 1944, durante a ocupación alemá, Huis Clos (A porta pechada) é un dos textos máis emblemáticos de Sartre. A frase o inferno son os outros dá conta da desesperación de catro personaxes sen destino, interdependentes, que segundo opina Nicolaï, moitas das relacións dos personaxes amósanse na actualidade: que sucede ao relacionarnos co outro, que nos devolve a mirada do outro? Ás veces provoca un verdadeiro desastre en nós. O medo é algo que está moi presente neste mundo e os personaxes de Sartre teñen medo; pero queren sobrevivir aínda estando mortos, aínda así pelexarán coma cans para se manteren vivos.
A visita de Nicolaï (Premio Molière en Francia), de Olivia Corsini, do director musical Jean-Jacques Lemêtre, todos membros da troupe de Arianne Mnouchkine, e do propio elenco arxentino, complementarán a representación do espectáculo cunha proxección documental e unha conversa para todos os interesados no traballo de Théâtre du Soleil e Timbre 4, como posterior actividade paralela da MIT Ribadavia 2012.
Máis información en: www.mitribadavia.com/actualidade
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.