
O grupo de investigación de Medicina Xenómica que dirixe o profesor Ángel Carracedo e o de BioFarma da profesora Mabel Loza, ambos os dous da USC, traballarán conxuntamente na validación de novas dianas terapéuticas e no descubrimento de fármacos innovadores, sobre todo nos ámbitos da psiquiatría e o cancro, enfermidades que non teñen unha solución clara e nas que máis teñen traballado estes equipos, como explicaron os investigadores. Para iso constitúese a plataforma InnoPharma, que conta cun financiamento en torno aos dez millóns de euros, na súa maior parte provenientes do Fondo Tecnolóxico Europeo.
O proxecto presentárono este luns en San Xerome o reitor da USC, Juan Casares; o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; e os profesores Ángel Carracedo e Mabel Loza, que coincidiron na importancia da valorización dos resultados de investigación para mellorar a competitividade de Galicia.
A iniciativa está aliñada á estratexia estatal de innovación (E2I) e ao Plan galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (I2C). Precisamente InnoPharma é o primeiro proxecto concedido para contar cos citados fondos europeos, dos que aínda quedan 100 millóns sen asignar e aos que a USC presentou outros 17 proxectos innovadores atendendo á chamada da Xunta de Galicia o pasado ano. Como manifestou Casares, a Universidade de Santiago quere achegar todo o seu valor neste novo escenario de financiamento de grandes oportunidades estratéxicas para a innovación e a creación de valor.
Neste sentido, InnoPharma -Plataforma de farmacoxenómica aplicada á validación de dianas terapéuticas e descubrimento de fármacos candidatos a fases preclínicas- aproveitará as sinerxías dos dous equipos de investigación altamente competitivos e complementarios no coñecemento de novos mecanismos das enfermidades e do descubrimento temperá de fármacos.
A plataforma, que terá a súa sede no Centro singular de Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), pretende constituírse nun referente internacional no sector que permita crear tecido produtivo fomentando a transferencia de coñecemento e impulsando a creación de novas empresas baseadas neste co propósito de aunar as capacidades público-privadas do sector biofarmacéutico (ata o momento 15 empresas mostráronse interesadas no proxecto) nun marco de innovación aberta. Trátase de desenvolver actividades de investigación aplicada para xerar candidatos a fármacos innovadores nunha contorna de colaboración internacional.
Fotografía: Santi Alvite / USC
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.