
O certame de declaracións de amor na rede, convocado polas consellerías de Cultura e Educación e Traballo e Benestar -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente- con motivo da dobre celebración, o pasado 17 de maio, do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, xa ten gañadores. O xurado de Lingua de namorar vén de concederlles os premios ás persoas autoras de seis das mensaxes de amor, de entre as 100 máis votadas polos usuarios e usuarias das que concorreron ao concurso, tal e como establecían as bases do certame.
Na categoría A, de 14 a 19 anos, resultou gañador do primeiro premio Christian García Sandamil, da Pastoriza, coa mensaxe Non cho penso repetir!; o gañador do segundo premio foi Ángel Manuel Torres Ferradás, de Bueu, coa mensaxe Beizos que percorren e a gañadora do terceiro premio foi Paula Lourido Santiago, de Soutomaior, coa mensaxe Quérote.
Na categoría B, de 20 a 35 anos, Paula Leticia Martínez Regal, de Viveiro, gañou o primeiro premio coa mensaxe Desde; o segundo premio recaeu na mensaxe Elaeu de Paula Rodríguez Fraga, da Coruña, e o terceiro premio foi para a mensaxe Sábesme, de María Beatriz Fernández Vázquez, de Abegondo.
O xurado do concurso tivo en conta nas súas deliberacións o grao de elaboración das mensaxes, a orixinalidade e a calidade da lingua. As mensaxes gañadoras pódense ler na páxina do concurso www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar e en www.facebook.com/linguadenamorar.
Preto dun milleiro de mozos e mozas participaron en Lingua de namorar durante as cinco semanas nas que se desenvolveu o concurso, ben enviando mensaxes, ben como votantes. O prazo de participación estivo aberto dende o 20 de abril ata o 17 de maio. A partir desta data, os usuarios e usuarias puideron votar polas súas mensaxes favoritas ata o 25 de maio.
No mes de xuño terá lugar en Santiago de Compostela a entrega de premios, na que as persoas gañadoras recibirán cadanseu agasallo tecnolóxico.
Plan xeral de normalización da lingua galega e Plan estratéxico Xuventude 2013
Os obxectivos da nova iniciativa son fomentar a participación en galego da mocidade, aumentar a presenza do noso idioma en internet e animar ao seu uso nas relacións interpersoais, de acordo co establecido polo Plan xeral de normalización da lingua galega nos ámbitos da mocidade e das novas tecnoloxías.
Lingua de namorar contribúe tamén, no marco do Plan Estratéxico Xuventude 2013, deseñado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ao fomento da lingua galega entre a mocidade, que se verá reforzada pola próxima aprobación da a Lei de Xuventude polo Parlamento de Galiciano marco da que se establece que as políticas de promoción e dinamización do galego entre a mocidade formarán parte dos sucesivos Plans Estratéxicos de Xuventude.
A mocidade, un sector social prioritario para a dinamización lingüística
O galego é a lingua de maior uso social en Galicia. O 56,4% da poboación maior de 5 anos fala sempre en galego ou máis galego ca castelán, segundo se desprende dos datos da ECVFG-2008, e os que falan sempre en galego constitúen o 30% da poboación. Malia todo, a xuventude adoita utilizar máis o castelán. En consecuencia, as franxas de idade máis novas constitúen un dos principais retos para a lingua galega, así como o sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación planificada para promover o uso do idioma.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.