O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu, ante o intento da Xunta de boicotear as residencias e centros de día proxectados polo organismo provincial, que Núñez Feijóo non o vai conseguir. Besteiro garantiu deste xeito a continuidade do proxecto, non por cabezonería, senón porque é viable e necesario, recalcando que a elevada taxa de envellecemento da provincia fará que en pouco tempo máis da metade da poboación de moitos Concellos superará os 65 anos de idade. O mandatario provincial respondeu deste xeito á decisión da Xunta de non admitir a solicitude presentada pola Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) para a construción das residencias da terceira idade de Pol, Castroverde, Trabada, Ribas de Sil e Pedrafita.
Nin as fan nin as deixan facer, sentenciou Besteiro, para quen parece que á Xunta lle molesta que outra Administración se preocupe por facer o que teñen que facer eles. A conselleira de Traballo sorprendeu hai uns meses á opinión pública, á que deixou perplexa, asegurando que as residencias e centros de día en Lugo e Ourense non son necesarias, nin prioritarias. E agora vólvenos sorprender buscando algunha desculpa de carácter burocrático, e facendo que o saibamos polos medios de comunicación, pois ata hoxe ás 10:30 horas non recibimos ningunha comunicación da Xunta ó respecto, asegurou o Presidente. Así como pode ser necesaria unha gran macro área de atención á terceira idade en Guitiriz, eu non o discuto, noutras partes da provincia necesitan este tipo de instalacións, sinalou.
A postura adoptada polo Goberno galego ante o plan provincial de residencias e centros de día confirma para Besteiro que Lugo non está na axenda da Xunta. Os seus intereses están noutras provincias.
O Presidente, quen garantiu que a Deputación recorrerá á fórmula legal que faga falta para solucionar o contratempo provocado pola Executivo económico, recalcou que nesta iniciativa están integrados Concellos de todas as cores políticas e que, ademais de prestar un servizo imprescindible na provincia, creará emprego, fixará poboación e xerará un importante retorno económico para os Concellos. Incidiu en que Deputación e entidades locais non lle pedimos nin un só euro á Xunta, senón só que concertase prazas, o mesmo que fai con residencias privadas, e algo ó que se comprometeu o Executivo de Feijóo en dúas ocasións, a última a cinco días das eleccións municipais. Neste senso, indicou que habería que explicar por que nalgunhas residencias a praza lle custa ó erario público máis de 1.400 euros, e noutras públicas, como a de Sarria, que está funcionando moi ben e ten moita capacidade de servizos, lle costa 700. Que diferenza hai, a onde van eses cartos? Habería que explicalo.
Non economía, si ideoloxía
O Presidente recalcou que detrás das decisións da Xunta non hai razóns económicas, senón ideolóxicas e electorais; se fosemos unha empresa privada, non teriamos problema para sacar adiante as residencias. Así mesmo, Besteiro non considera serio que un día o Presidente da Xunta se levante e decida, vía decreto, que as Deputacións paguen o Servizo de Asistencia no Fogar, igual que tampouco é serio que pechen o exercicio económico en setembro para que lle cadren formalmente as contas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.